NOVA IMAXE, SEMPRE CAROLA

NOVA IMAXE, SEMPRE CAROLA

luns, 3 de febreiro de 2014

IES LOSADA DIÉGUEZ

Aínda que un pouco tarde, queremos dende esta xanela dar as grazas aos nosos compañeiros do IES Losada Diéguez por encher de ledicia o noso centro coas súas actuacións e lecturas. É para nós un gran acontecemento como se pode ver nas caras dos nosos alumnos. MOITAS GRAZAS! Todas as obras do grupo AVELAÍÑAS nos gustaron moito e descubrir- detrás deses actores- aqueles pequenos nenos e nenas que un día estiveron aquí. Os RETELLADORES DO GALIÑEIRO leron para o segundo ciclo contos de África, que é o tema que estaban a tratar no instituto. Agardamos que volvades o ano que vén.