CAROLA..., SEMPRE CAROLA

CAROLA..., SEMPRE CAROLA

luns, 9 de marzo de 2015

VIAXE POLO MUNDO - ENTROIDO 2015

A nosa VIAXE polo MUNDO continuou dun xeito moi especial no ENTROIDO  como podedes ver nas seguintes fotos. Cada curso disfrazouse cos traxes típicos do lugar do mundo que están a estudar e mirade que preciosos quedamos todos. Ademais, o desfile do Entroido rematou este ano con bailes e danzas típicos de cada cultura. Pasámolo moi ben!

       Aquí están os de 4º de Infantil vestidos de mexicanos.

Os de 5º de Infantil chegaron dende as estepas de Rusia



Os de 6º de Infantil fixeron unha viaxe no tempo dende o antigo Exipto




Os de 1º acababan de chegar de Laponia



Os de 2º viñan da exótica China



3ºA, moi colorido, chegou dende o Brasil.


3ºB  presentounos a un grupo dos primeiros habitantes do Cánada.


4º visitou a India e ensinounos uns preciosos saris.


5ºA trouxonos os ritmos latinos do Caribe, pois viñan de Cuba.

Os de 5ºB estaban moi guapos de pioneiros en Australia, co seu canguro e todo.


6º achegounos á realidade de Israel: 
6ºA presentounos á comunidade xudea e 6ºB á comunidade palestina.