martes, 16 de setembro de 2025
O cole xa cheira a terra
luns, 15 de setembro de 2025
Novo PDI para este curso: LABREGAS
O ano 2026 está declarado pola ONU como “Ano Internacional da Agricultora”, e o CEIP de Figueiroa aproveita para desenvolver o PDI LABREGAS.
O noso centro está ubicado nun concello rural, A Estrada, formado por 51 parroquias, das que só unha podemos considerar como casco urbano. A agricultura supón unha ocupación económica, política e social da maior parte do territorio, aínda que en claro retroceso.
A case totalidade das familias que conforman a nosa comunidade educativa tiveron, e moitas delas aínda teñen, vínculos coa terra como medio de producción: unha horta, un invernadoiro, ou unha gran plantación.
A pesares de que o mundo rural non está a vivir o seu mellor momento, a muller segue a ser o piar fundamental desta relación entre sociedade e territorio
Ademais do valor reivindicativo desta data, queremos aproveitar para facer unha merecida homenaxe a todas as nosas mulleres labregas, ás labregas do noso concello e sobre todo, ás labregas das nosas familias.
Xa está dispoñible o BANCO DE RECURSOS do novo PDI. Pode accederse na páxina PDI da barra superior.
venres, 20 de xuño de 2025
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN
Os coles que temos biblios PLAMBE da Estrada, elaboramos as recomendacións lectoras para este verán.
Para poder compartir esa información no noso cole démoslle a forma acorde ao noso PDI "Escola de baile", e sobre todo, contamos coa colaboración de Castelao e Rosalía, bailaríns que presidían a entrada do cole.
Este foi o resultado do TRÍPTICO que enviamos ás familias:
domingo, 8 de xuño de 2025
Clases de CAROLA: As clases de infantil traballamos na biblio
Carola-Parola é o nome da materia que se imparte en Infantil por parte dunha das mestras de apoio. Mentras Parola traballa aspectos da expresión e comprensión da linguaxe oral, Carola vive por e para a biblioteca.
Ata a Biblio se desprazan todos os grupos de Infantil durante unha sesión á semana. Alí toman contacto cos diferentes recursos do ESPAZO creaTIvo.
![]() |
4º A traballando co KAPLA |
![]() |
4º B cos imáns |
![]() |
5º A deseña, planifica e executa o rueiro dunha vila con Kapla |
![]() |
5º B experimenta coas máquinas de Lego |
![]() |
6º A cortando con ferramentas adaptadas (foi un préstamo) |
![]() |
6º B apurando cos píxeles para que dea tempo a pasar o ferro |
Os píxeles chegaron á biblioteca a petición do voluntariado para ofertar ese obradoiro nos recreos. En Infantil foron moi ben acollidos e serviron para traballar a creación de iniciais propias. Con todas as súas creacións montamos unha exposición para que quedara patente que as letras non son únicas e a creatividade é case infinita
luns, 2 de xuño de 2025
CREANDO, CREANDO en 6º B de PRIMARIA
As nenas e nenos de 6º B de primaria están feitos uns facedores.
A medida que vaian chegando as súas producións iremos compartíndoas nesta entrada. Traballaron moito e moi ben en dúas áreas similares pero diferentes:
PROGRAMACIÓN con SCRATCH
ANIMACIÓN DIXITAL
martes, 27 de maio de 2025
DICIONARIOS TEMÁTICOS do PDI Escola de Baile
Ás veces semella imposible dar conta de todas as letras do abecedario para crear o dicionario do tema que nos toca.
Peeero, cando vai rematando o curso na Biblio contamos cunha nova enciclopedia do PDI traballado en cada curso.
Nesta LIGAZÓN poderemos ir vendo e desfrutando da riqueza léxica que aporta un tratamento tan pormenorizado do PDI.
Carola e Lingüereta QUEREN SABER
O PDI de cada ano iniciase "oficialmente" cando chegan ás nosas clases as propostas clásicas que nos fan Carola e Lingüereta:
QUEREN SABER
DICIONARIO TEMÁTICO
En QUEREN SABER, cada clase aborda un pequeno proceso de investigación para dar resposta a unha pregunta moi vinculada coa temática do PDI.
Nesta entrada irán aparecendo todas as respostas recibidas de cada clase.
venres, 16 de maio de 2025
CONCURSO DE BOOKTRAILERS: xa temos gañadora
No 1º concurso de Bokktrailers organizado dende a Biblio de Carola, resultou gañadora
con seguinte traballo:
sábado, 10 de maio de 2025
FORMACIÓN NA BIBLIO: Alumnado de 4º ensina a alumnado de 3º
Cumprindo co acordado o alumnado de 4º adicou varias sesións con alumnado de 3º para compartir o que aprenderan na formación de BIBLIOTECA CREATIVA.
Repartíronse en mesas e cada persoa de 3º estaba acompañada de dúas de 4º, unha ratio fantástica.
Hai que decir, que dende o mes de xaneiro que recibiron a formación de Elena e Almu, os ordenadores da biblio estiveron moitos recreos ocupados co Scratch, sendo capaces de contaxiar a programación a outro alumnado que alí estaba.