NOVA IMAXE, SEMPRE CAROLA

NOVA IMAXE, SEMPRE CAROLA

mércores, 4 de febreiro de 2015

"VIAXA POLO MUNDO" INDIA . FUNDACIÓN VICENTE FERRER.

Os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria o luns 2 de febreiro fixemos unha actividade ao longo da mañá dentro do proxecto do colexio " Viaxa polo Mundo "
As nosas aulas traballan a India dentro deste proxecto. Puxémonos en contacto coa Fundación Vicente Ferrer dentro do programa "School to School" e fixemos un intercambio por correspondencia cunha escola da fundación.
Nesta ocasión o que fixemos é participar no programa "Escolas Solidarias" coa campaña 1 € = 77 rupias
feita por nós , coa finalidade de que todos os alumnos do noso colexio que voluntariamente quixeran fixeran un agasallo dun euro para crear unha escola na india en Anantapur.
Recollemos 350 € que faremos chegar a fundación para dito fin.






DÍA DA PAZ; TEATRO IES LOSADA DIÉGUEZ

O día escolar da paz e a non violencia disfrutamos da visita do grupo de tearo do I.E.S Losada Dieguez. Escenificaron para todos os nosos alumnos e alumnas varias pezas teatrais de creación propia simplemente sensacionais. Para que todos puidésemos disfrutar delas realizaron dous pases.
              Foi un bonito día da Paz !