ALIMÉNTATE BEN

OS NOSOS RECETARIOS

Unha das actividades desenvoltas en varias das nosas aulas, entre elas os terceiros e os quintos de EP, foi a recompilación de receitas. A continuación aparecen recollidas algunhas das elaboradas en 3º B e 5º B.



ALIMÉNTATE BEN: "MAPA DE SABORES"

Un ano máis o noso centro participa nas diferentes modalidades ofertadas polo programa ALIMÉNTATE BEN (Plan Proxecta).
Durante este mes de marzo xa puidemos desfrutar de FROITA NA ESCOLA e, na actualidade, continuamos a facelo con LÁCTEOS NA ESCOLA, pero aínda nos quedan moitas cousas por diante...


TI SI QUE ES UN BO PEIXE

Este programa, creado pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos frescos do mar de Galicia entre os nenos e nenas da nosa comunidade e influir e equilibrar as súas dietas alimentarias, conta con dúas líneas de acción:

Obradoiros:
Desfrutará desta actividade, que se levará a cabo no centro os días 30 e 31 de marzo do 2022, o alumnado da etapa de educación infantil e o de 1º, 5º e 6º de educación primaria.

Excursión:
Esta actividade, para a que aínda non temos data prevista, irá dirixida ao alumnado de 4º de educación primaria e consistirá nunha saída a unha localidade costeira para visitar o porto e a lonxa e facer algunha outra actividade complementaria: marisqueo; visita ás redeiras, a un museo, á praza de abastos...


A continuación achégase información sobre da modalidade da que estamos a falar, así como dúas unidades didácticas: unha orientada a educación infantil e a outra a educación primaria.





FAI CLIC AO TEU BOCATA

O vindeiro 5 de maio de 2022, o alumnado de 2º, 3º, 4º e 6º de EP participará no centro desta proposta coa que dende a Consellería do Mar pretenden facilitar o coñecemento e consumo das conservas do mar de Galicia entre os nenos e nenas co fin de influir nas súas dietas alimentarias.

Achégase a continuación información sobre esta modalidade xunto con dúas unidades didácticas: unha orientada a educación infantil e a outra a educación primaria.

 


OUTROS RECURSOS DE INTERESE...




Ningún comentario:

Publicar un comentario