mércores, 30 de novembro de 2016

AUDIOBIOGRAFÍA de Don Olimpio.

As nenas e neos de 6º A de Educación Infantil participaron na homenaxe ofrecida no segundo cabodano de Don Olimpio con esta AUDIOBIOGRAFÍA.

xoves, 12 de maio de 2016

COMPARTINDO LECTURAS

Aquí deixamos plasmados algúns exemplos das lecturas compartidas no mes do libro. unha vez máis, fermosísima experiencia!

luns, 18 de abril de 2016

ABRIL, MES DO LIBRO



ABRIL, MES DO LIBRO
NO CEIP DE FIGUEIROA

-    ESTRADA DAS LETRAS -

En abril celebramos a festa dos libros, e Carola cóntavos o que ten preparado para os próximos días. A disfrutar!

-Luns 18 Abril ás 12:00h na biblioteca para os cursos 5º e 6º1 Primaria, visita e conferencia de D. Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Visita de D. Luís Reimóndez, fillo de D. Manuel Reimóndez Portela, médico rural, escritor e alcalde do concello de A Estrada coa temática
 “A Estrada: historia, tradición e cultura.”

- Mércores 20 Abril ás 12:15 Actividade “Rotonda das letras.”
Os alumnos e alumnas de 6ºB, 4ºA, 4ºB, 2ºA, 2ºB, 1ºA e 1º B de Primaria preparan lecturas de autores Estradenses para compartir cos compañeiros/as. Atentos/as ás quendas, colgarémolo na biblio!

-Venres 22 Abril levarase a cabo a actividade “Cris contacontos.” Contamos coa colaboración da nosa ANPA Picariños para disfrutar de 4 sesións de animación á lectura destinadas a Ed. Infantil e Ed. Primaria.
Reparto de marcapáxinas!!



Por suposto, haberá alguna que outra sorpresiña, non deixedes de pasar pola Biblioteca!!

Carola espera que chegue o sol rebulideiro
para que aloumiñe as nosas lecturas…

mércores, 23 de marzo de 2016

XOGOS CINCO ANOS



"Queridiños e queridiñas, se vos apetece practicar un pouco cos xogos que facemos nas clases de informática, deixámosvos os enlaces. Cada enlace ten por título o nome do xogo, que disfrutedes das vacacións!!

INFANTIL 5 ANOS

-4 EN RAIA

-CREA MÁSCARAS 

-PINTA E CREA CON PEGADAS DE ANIMAIS


-APARCAR COCHES 

-ATOPA OS OVOS 


-CONSEGUE A COPA

XOGOS CATRO ANOS


"Queridiños e queridiñas, se vos apetece practicar un pouco cos xogos que facemos nas clases de informática, deixámosvos os enlaces. Cada enlace ten por título o nome do xogo, que disfrutedes das vacacións!!

INFANTIL 4 ANOS

-LABERINTOS

-CREA MÁSCARAS  

-PINTA E CREA CON PEGADAS DE ANIMAIS

-CONSEGUE A COPA


-APARCAR COCHES

-VISIÓN PARCIAL
  http://www.cokitos.com/vision-parcial/http://www.cokitos.com/vision-parcial/


-ATOPA OS OVOS

XOGOS INFANTIL TRES ANOS

"Queridiños e queridiñas, se vos apetece practicar un pouco cos xogos que facemos nas clases de informática, deixámosvos os enlaces. Cada enlace ten por título o nome do xogo, que disfrutedes das vacacións!!

INFANTIL 3 ANOS
XOGOS
-O MAGO BORIS, -AS GALIÑAS, -ESTRELAS.

-A FÁBRICA DE CARAS

-ONDE ESTÁ O MAPA?

-XOGO VISUAL

-XOGO CORES


NOVOS EXEMPLARES

As bibliotecas de aula recibiron novos exemplares!

En Infantil estanse relamendo con: "Os bolechas fan unha merenda con vexetais."

Para 1º Primaria achegouse "Mr. Iglú fai amigos."

En 2º Primaria aprenden moitas cousas con "Os trebóns visitan sogama."

A 3º Primaria chegou "O ouro doce da natureza galega." Ummmm....!!

Agardamos que os disfrutedes, rapaces!






mércores, 24 de febreiro de 2016

GRACIAS FAMILIAS !

"Ainda que con retraso non queremos deixar de agradecer a tódalas familias que coa súa participación conseguiron que este ano tIvéramos un precioso Nadal máis estradense ca nunca. A todos, gracias!"

martes, 23 de febreiro de 2016

"ARREBOLA NADAL"

Un pouquiño tarde...pero non queremos deixar de poñer nesta fiestra unha mostra do precioso traballo que neste nadal iluminou o noso centro.
"Arrebola Nadal" con todos os lugares fermosos que nos descubristes do Concello.
Perdoade se algún quedou fóra...

martes, 2 de febreiro de 2016

CESTA VIAXEIRA

"Co novo ano, nova proposta!! Carola preséntavos a cesta viaxeira na que podedes atopar cousiñas interesantes. Botade unha ollada!".

xoves, 21 de xaneiro de 2016