sábado, 26 de novembro de 2022

SEXISMO E MACHISMO NO CINE INFANTIL...

 


Coordinado por Lina Carbonell Gandía Vídeo creado a partir de fragmentos de diversas películas de The Walt Disney Company.


Deixamos tamén as valoracións que fai a autora das esdcenas recollidas no vídeo:


venres, 25 de novembro de 2022

UN ANO MÁIS EN FIGUEIROA - 25 N



 Na data en que presentamos a nosa máis absoluta repulsa pola violencia contra as mulleres, estamos a recibir moitas propostas quese foron traballando nas distintas aulas do noso cole:




Os 3 niveis de Infantil deixan pegada violeta no corredor


CARTEL PARA PENSAR E REFLEXIONAR creado dende o novo Proxecta do CEIP de Figueiroa

Outra proposta que nos da que pensar... A rapazada de 6º A de primaria crearon e comparten eslogans para unha porta violeta:

venres, 18 de novembro de 2022

VOLVE O VOLUNTARIADO!!!!

 

Para as CHAPAS como elemento distintivo do voluntariado

Co voluntariado podemos decir que acadamos a normalidade. Os recreos volven encher a biblioteca de nenas e nenos mesturados que comparten e crean!!!

Todo é grazas ao alumnado de 5º e 6º que adican os seus tempos de lecer a organizar os recantos que libremente se poñen a disposición de todo o alumnado de primaria.




A autoxestión é total e así se pode comprobar na FICHA TÉCNICA que cada voluntari@ ten que cubrir sobre o traballo que vai desenvolver. Deciden que facer, cando e indican as necesidades de recursos. Todo acompañado da descrición do obradoiro (nunca se sabe cando pode faltar unha persoa e o obradoiro nonvai quedar sen atender). 






A ficha técnica queda, como de costume, na caixa de Carola que se coloca na mesa onde se vai desenvolver o obradoiro. A foto d dereita amosa as caixas e foi tomada pola Asesoría de Bibliotecas.


Todo comezou no mes de Outubro coa formación do voluntariado que se prolongou ata o mes de Novembro, porque só dispoñiamos do tempo do recreo. 
Unha vez rematada a formación, todas as persoas interesadas en continuar cubriron e asinaron o CONTRATO de VOLUNTARIADO



Coreconto feito de todos os contratos xa coñeciamos a disponibilidade e a preferencia de cada persoa. Na seguinte táboa están recollidas as responsabilidades ata o mes de marzo.





domingo, 6 de novembro de 2022

ARRANCOU O PDI!!!

 Despois de preparar con cariño as 2 tarefas para cada clase, pasaron as titoras a recoller os seus cartafois e a escoller a súa pregunta de 


CAROLA E LINGÜERETA QUEREN SABER....


Xa parecían os tempos de antes (da pandemia, evidentemente) e a expectación era máxima para chegar á hora acordada á biblio para escoller a pequena investigación, en forma de pregunta, preferida.

As indicacións eran claras:






Aquí quedan todas as preguntas formuladas:


E así está o DESPACHO DE BILLETES, despois de recoller as preguntas:



EXPOSICIÓN DE CABAZOS "de película"

 

"Un curso de cine", ese é o PDI do curso 22/23 no CEIP de Figueiroa (A Estrada). Dentro das celebracións do noso Samaín contamos coa inestimable colaboración das nosas familias para a exposición das cabazas. Un ano máis, o noso PDI vese perfectamente reflectido nesta exposición. MOITÍSIMAS GRAZAS FAMILIAS!!




Un pouco máis polo miúdo...