Cada vez chegan máis recursos para traballar o PDI deste curso.
Xa sabedes que os podedes atopar neste blog, na pestana superior que se chama PDI.
A última incorporación é este material editado por GeoPlaneta e Acción Cultural Española, coa colaboración dos Ministerios de Asuntos Exteriores e Cooperación/AECID; e de Cultura e Deporte; ademais do Instituto Cervantes.
As FAMILIAS superaron novamente todas as expectativas. Dá xenio ver como cada ano son quen de dar forma de cabaza ao noso PDI, e este curso non parecía sinxelo con "Dándolle voltas ao mundo". Pero aí están!!
- "EXTRA" de PACO NOGUEIRA -
Contamos cunha verdadeira festa grazas ao alumnado que no curso pasado estaba en 5º B de primaria.
Presentáronse a un concurso de CORRELINGUA cun vídeo sobre o noso idioma, e... GAÑARON!!
De premio, obtiveron unha actuación do gran PACO NOGUEIRA que compartiron coas outras aulas do seu nivel.
- CARREIRA DO MAGOSTO -
Coma (case) todos os anos celebramos a CARREIRA DO MAGOSTO, e aquí queda a proba de como os máis peques correron.
Todas as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de infantil fixeron o percorrido que deseñou o profe Jorge, e que ben o pasaron!
- PSICOMOTRICIDADE E SAMAÍN -
Que sexa Samaín non impide desenvolver as clases de xeito normal.
Así o quixemos amosar na clase de Psicomotricidade de 5º A de Infantil.