venres, 25 de maio de 2018

A MÚSICA NA MIÑA VIDA. As do corazón


Jenny sube por terceira vez ao escenario, esta vez acompañando a un grupiño de 1º e 2º de primaria. A actuación comeza, como non podía ser doutra forma, cun pequeno rap interpretado por Jenny.

A canción "Late mi corazón" de GIVE ME 5 poucas veces debeu ser tan, tan aplaudida!!!

Que gustiño ver idades tan distintas mesturadas e funcionando tan ben.



A MÚSICA NA MIÑA VIDA. Súper MALAS

Ainara e Sara de 5º B xunto con Noelia de 5º A de primaria, ofrecen unha nova versión de "Lo malo" de Ana e Aitana.







A MÚSICA NA MIÑA VIDA. Súper 10 de 5º A de primaria

Grupo numeroso de mozas que prepararon e amosaron unha coreografía sobre o tema "Havana" de Camila Cabello. A gran afluencia de público segue a ser unha marabilla!!







mércores, 16 de maio de 2018

A MÚSICA NA MIÑA VIDA. As 2 artistas.

Sonia e Adelaida, Adelaida e Sonia volven ao escenario, esta vez en parella para facer un baile xeitoso a ritmo de "These days" de Rudimental.




Remata así a terceira actuación do 15 de maio de 2018


A MÚSICA NA MIÑA VIDA. Súper 5


Un grupiño de 5 nenas e un neno, dos cursos de 1º e 3º A ofrecen unha coreografía (ou dúas?) coa canción "1, 2, 3" de Sofía Reyes.

Quedan inauguradas as actuacións interniveis!! Isto cada vez vai a máis.

Mágoa que os días están rematando e con eles, as actuacións..., e o curso!!




A MÚSICA NA MIÑA VIDA. Estrelas de 3º B de primaria


O grupo ESTRELAS DE 3º B de primaria presentan a súa coreografía nunha mañá cargada de actuacións.

Superados os nervios do principio semella que a canción non lles durou nadiña!!!




luns, 14 de maio de 2018

A MÚSICA NA MIÑA VIDA. Jenny RAP de produción propia

Jenny volveu subir ao noso escenario para ofrecernos unha composición propia. Ela compuxo esta canción para a súa mellor amiga. Os momentos de emoción foron intensos, moi intensos. Pero non foi quen de deixar indiferente a ninguén.

Parabens Jenny!!





xoves, 10 de maio de 2018

A MÚSICA NA MIÑA VIDA. Superstars de 4º B


Unha nova versión de "Bajo el mismo sol" de Álvaro Soler é o que nos ofrecen este grupiño de 4º B de primaria.

Nesta ocasión volven ceder o escenario para o público e dispoñer así de máis espazo para a súa coreografía.




luns, 7 de maio de 2018

A MÚSICA NA MIÑA VIDA. Ángel de 1º C está "Bajo el mismo sol"

Ángel, de 1º C, atrévese a subir en solitario ao escenario a cantar, pero sobre todo, a bailar "Bajo el mismo sol" de Álvaro Soler.




O público, totalmente entregado.

A MÚSICA NA MIÑA VIDA. Zimbolé de 4º A


Toda a clase amósanos unha canción popular africana.

Por fin!! chegan os instrumentos ao escenario da MÚSICA NA MIÑA VIDA.

Parabens grupo!!




A MÚSICA NA MIÑA VIDA. Los vampiros

Un grupo de mozas e mozos de 3º B de primaria prepararon e amosaron unha coreografía coa música de Rihanna "Diamonds".




O resultado queda neste vídeo: