O Xeneraliño do Ulla xa ten preparados os seus MANDADOS para facer que todas e todos acabemos convertidos en AUTÉNTICAS LABREGAS.
El tamén se esmerou moito e mudou o sable polo sacho e as plumas do sombreiro por un ramo de verduras exquisitas.
O Xeneraliño do Ulla xa ten preparados os seus MANDADOS para facer que todas e todos acabemos convertidos en AUTÉNTICAS LABREGAS.
El tamén se esmerou moito e mudou o sable polo sacho e as plumas do sombreiro por un ramo de verduras exquisitas.
O pasado 2 de abril celebrouse, como cada ano, o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo e desde o noso centro quixemos unirnos á campaña promovida por Autismo España, "Somos infinitos". Dita campaña tiña como obxectivo principal concienciar á cidadanía da variabilidade do espectro do autismo, defendendo que cada persoa autista é única, ten as súas propias necesidades, capacidades e intereses e, por isto, precisa apoios especializados e individualizados, adaptados á súa situación e á etapa vital na que se atope.
Estas son as propostas que se programan para as diferentes idades do noso alumnado:
Para EDUCACIÓN INFANTIL
CONMEMORACIÓN DO
DÍA INTERNACIONAL DO AUTISMO
Imos máis alá do 2 de abril e adicaremos toda a semana a esta celebración.
Aquí quedan algunhas das propostas que se van realizar:
- Presentación dixital sobre o AUTISMO. Hai que coñecelo para comprendelo.
- Infografía coas instrucións do traballo a realizar de xeito colectivo por todo o cole.
- PUZZLE COLECTIVO para expoñer nun lugar ben visible do cole.
- CICLO DE CURTAS nos recreos.
- Recomendacións LECTORAS sobre a temática do autismo.
As nenas e nenos de 5º B de Infantil fan a súa particular homenaxe, poñendo guapísima a Rosalía
Na 10ª semana de curso, Ainara a voluntaria de 6ºB, é a encargada de programar o ciclo de curtas para celebrar o DÍA DOS DEREITOS HUMANOS.
Esta é a escolla que nos trae Ainara:
As clases de 3º de primaria traballaron para conmemorar esta data sobre
MULLERES E DEPORTE
.