luns, 3 de xuño de 2024
martes, 30 de abril de 2024
QUEREN SABER: Que son os Xogos Paralímpicos? en 4º B de Infantil
venres, 26 de abril de 2024
XOGOS TRADICIONAIS no patio
No noso centro, nas horas de recreo, o deporte rei continúa a ser, sen lugar a dúbidas, o fútbol, condicionando, en gran medida, as interaccións neste tempo de lecer entre o noso alumnado. O curso pasado quedaron claramente delimitados os espazos de xogo, evitando que todo o patio seguise funcionando como un gran estadio, e acordouse establecer un día sen fútbol, posibilitando que todo aquel/a que desexase xogar a outros deportes, como por exemplo o baloncesto, contase cun campo libre onde poder facelo. Observamos que son os nenos, de maneira maioritaria, os que xogan a este tipo de deportes, ocupando as nenas un papel totalmente secundario.
Esa é unha das razóns que nos impulsa a habilitar un día á semana o patio central (no que non hai fútbol ningún día) para promocionar diferentes xogos tradicionais orientados tanto a nenos como a nenas, creando, así, un espazo libre da fenda de xénero: corda, construción con elementos naturais, goma, mariola....
Dirixiremos os nosos esforzos a conseguir que dito espazo acabe sendo xestionado polo propio alumnado.
Nas seguintes fotos podemos ver xogando ao alumnado de 3º de primaria:
Tamén xogaron con xoguetes tradicionais, coma os carozos ou "ás casiñas".
mércores, 10 de xaneiro de 2024
Novo recanto do VOLUNTARIADO: creando para tod@s
O noso voluntariado é imparable. Cando organizan os obradoiros sempre procuran que permitan finalizar produtos que levar para uso persoal.
Este ano acordamos facer para outr@s. A proposta saeu do Equipo de Biblio e o voluntariado respondeu, como xa nos ten acostumadas.
Dende as clases de Infantil e PT, sobre todo, chegaron as demandas de recursos específicos que precisaban.
O resultado? a continuación queda unha mostra:
luns, 18 de decembro de 2023
CALENDARIO OLÍMPICO
Este Nadal agasallamos ás familias cun calendario que tamén resultou ser un agasallo para o cole.
Quen nos fixo o agasallo? Javicho, o noso flamante futbolista! Acodiu ao noso centro cun dron para inmortalizar os NOSOS AROS OLÍMPICOS.
Esta foto foi posible grazas á colaboración das familias que responderon á nosa demanda proporcionando aos seus fillos e fillas a roupa da cor solicitada. Así conseguimos crear 5 grupos de cores ben famosas: as cores dos aros olímpicos.
venres, 1 de decembro de 2023
Recibimos a visita de ABECONSA BASKETMI
O 3 de decembro é o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE. Unha data relevante no noso centro.
Tendo en conta que este ano é olímpico, achegarnos ao deporte para TOD@S é inevitable.
A DISCAPACIDADE NO DEPORTE.
Contactaremos con diferentes organizacións co fin de dar visibilidade ao papel das persoas con discapacidade no deporte entre o noso alumnado.
QUEN NOS VISITOU? ABECONSA BASKETMI
Entidade, sen ánimo de lucro, que fomenta a práctica deportiva entre persoas con discapacidade que, a día de hoxe, ten como eixe principal o baloncesto en cadeira de rodas.