luns, 18 de decembro de 2023

CALENDARIO OLÍMPICO

Este Nadal agasallamos ás familias cun calendario que tamén resultou ser un agasallo para o cole.

Quen nos fixo o agasallo? Javicho, o noso flamante futbolista! Acodiu ao noso centro cun dron para inmortalizar os NOSOS AROS OLÍMPICOS.

Esta foto foi posible grazas á colaboración das familias que responderon á nosa demanda proporcionando aos seus fillos e fillas a roupa da cor solicitada. Así conseguimos crear 5 grupos de cores ben famosas: as cores dos aros olímpicos.



Chegar a esta instatánea foi un proceso ben chulo. Imos ver como se fixo:

Ningún comentario:

Publicar un comentario