As nenas e nenos de 1º B fixeron unha adaptación do libro "Rata Linda en Compostela" de Bernardino Graña.
Botaron man da IA e deberon ser moi coidadosos, moi concisos e moi atinados coas ordes que lle deron a Gemini, porque fixo unhas ilustración ben xeitosiñas.
E aínda por riba, puxeron as súa voz e imaxe para que non perdamos detalle do conto.
Wangari Maathai pasou pola clase de 1º B e todas as nenas e nenos puideron coñecela e saber máis de todo o que fixo "a muller árbore" pola súa terra, por África e polo planeta Terra.
Seica tamén pasou Wassily Kandinski pola mesma clase e debeu coincidir con Wangari, porque moito lle prestan a ela os deseños del.
Carola aproveitou as posibilidades que ofrece a IA e quixo facer a súa propia felicitación de nadal, para acompañar ás feliciticacións feitas dende as clases.
Este ano as nosas LABREGAS e LABREGOS botan man da IA (Intelixencia Artificial) para dar vida ás colleitas da horta. Inclúense a continuación as producións creadas nas diferentes aulas de educación infantil e primaria.
Recordade que podedes acceder a esta entrada a través do QR que vai no calendario do 2026 que entregaremos ás familias nestas vacacións de Nadal.
Dende 5º B de primaria chegan autentic@s booktubers para amosarnos como facer a nosa recomendación lectora e participar no concurso convocado dende a Biblio de Carola.
Un ano máis o EDLG do noso cole fomenta unha acción colectiva para homenaxear á nosa poeta.
No ano en que adicamos o PDI ao baile, a música, instrumentos e festa non faltan nas palabras de Rosalía. Unha vez que cada clase fixo a súa aportación, o Equipo de Biblio deulle forma de vídeo para compartir co mundo.
Captura do holograma creado con parte do vídeo que dá resposta á actividade "Carola e Lingüereta queren saber", Que son os Xogos Paralímpicos?, no que se pode ver ao alumnado interactuando cunha pelota de Goalballl, único deporte paralímpico creado espacificamente para persoas cegas e con discapacidade visual.
O voluntariado da Biblio de Carola prepara un novo ciclo de curtas para conmemorar o Día da Muller traballadora. Por esa razón poderemos desfrutar da súa escolla durante toda a semana.
O noso evento por excelencia, o ENTROIDO, foi planificado, deseñado e vivido como un evento deportivo de gran magnitude.
Inauguramos os nosos Xogos Olímpicos cunha auténtica CERIMONIA DE INAUGURACIÓN, incluida a entrada no recinto do FACHO OLÍMPICO e o prendido do PEBETEIRO.
Compartimos esta nova cun pouco de retraso, pero pensamos que paga a pena a espera.
Alá polo mes de febreiro tivemos unha visita moi especial. Acompañounos
VÍCTOR SIERRA
El é veciño da nosa vila e leva moitos anos traballando no mundo do cine e da TV. Formou parte de diversidade de proxectos, dos que presentamos unha mostra gráfica.
Aquí queremos amosarvos, íntegramente, a charla que puidemos disfrutar e onde aprendimos moito, moito.
Coas palabras que dixo Víctor e que máis nos chamaron a atención fixemos esta nube de palabras:
Despois da charla, Víctor concedeunos unha entrevista en Radio Carola. Despois de escoitar atentamente a Víctor, o vídeo da entrevista remata cun percorrido polas producións de cine e TV máis destacadas.
No marco da celebración do 8 de marzo, no CEIP de Figueiroa contamos, grazas á mestra Carmen e Lingüereta, coa exposición "Mulleres Valentes", e coa presenza da súa autora: Rosa de Cabanas.
As nenas e nenos de 6º de primaria tiveron a sorte de poder escoitala, de saber como xurdeu esta exposición e de achegarse a pequenos segredos, que Rosa foi debullando.
A continuación, o vídeo que dá conta desta visita:
As palabras de Rosa recollidas polo alumnado de 6º A de primaria:
“Que debuxar en calquera esquina dun papeliño en branco converteuna en quen é hoxe”
“Que máis alá dos títulos está o que podes facer con eles. Rosa é arquitecta pero tamén deseñadora gráfica (todo o que está foi pensado por alguén), ilustradora e debuxante apaixoada.”
“Que endexamais debemos rendernos se temos un soño. Hai que ir a por el e iso fárache feliz.”
“O mellor método para aprender a debuxar é debuxar.”
“O mellor método para aprender algo é a práctica”.
“Sen traballo non se alcanzan os soños”.
“Ponte unha meta e non te rindas”.
As dificultades supéranse con traballo, dedicación e valor para seguir.
Todas as persoas dependemos unhas de outras. E apoiámonos uns nos outros
Soamente cando te esforzas moito acadarás un resultado positivo. E se non o fas volve a intentalo con máis forza.
Non teñas medo de facer o que desexas.
As mulleres galegas son un exemplo de valor, de valentía: sacaron adiante fogares e familias con pouco.
Un dos segredos que nos contou Rosa:
Cando era nena, despois de facer un debuxo, a súa mestra Doña Flora díxolle:
- Ti tes que ser arquitecta. Fan falta mulleres arquitectas. Mira o que fan os homes.
E sinalou para fóra, ao que se vía pola ventana da aula.
Pero sobre todo, quedou ben clariño que
DEBUXAR É UN SÚPER PODER.
Ao longo desta semana, a SEMANA DA MULLER, o Equipo de Voluntariado presta especial atención ás actividades que oferta nos recreos da Biblio de Carola.
Temos unha nova cita co CICLO DE CURTAS - SEMANA DA MULLER
Nesta ocasión o voluntario DANIEL DURO vainos sorprender cunha escolla de curtas para proxectar ao longo de toda a semana. Colabora na proxección o incombustible MATEO CONSTENLA.
Cartel deseño de Daniel Duro
Dentro desta oferta no salón, contaremos tamén coas PRESENTACIÓNS dixitais sobre vida de MULLERES que fixo o alumnado de 3º B. Este acto terá lugar o 8 de marzo, coincidindo coa data oficial de celebración.
Pero dende outros recantos a presenza das mulleres, da celebración do Día-Semana da Muller, tamén se aprecia. En canto dispoñamos de mostras do traballo realizado, compartiremos nesta entrada do blog.