Estas foron as escollas que fixo cada titora para traballar ao longo do curso.
As produccións poderán verse no site do PDI.
Estas foron as escollas que fixo cada titora para traballar ao longo do curso.
As produccións poderán verse no site do PDI.
A Consellería de Educación escolleu a nosa biblio e o seu espazo creaTIVo para presentar a nova edición do programa BIBLIOTECAS CREATIVAS
O portal da Consellería amosa a súa interpretación da nosa biblio, e hai que decir, que se parece bastante á realidade:
O Colexio de Figueiroa da Estrada converteu o programa Biblioteca creativa nunha liña transversal do seu día a día, organizando actividades moi variadas e continuadas no tempo. Todas as titorías teñen unha sesión semanal para coñecer e traballar os recursos deste espazo. Entre eles destacan a elaboración de hologramas ou ‘Creando para tod@s’, no que recollen as necesidades de recursos na aula e se elaboraban os produtos requiridos.
O Colexio de Figueiroa participa no Plan de mellora de bibliotecas escolares desde o curso 2008/09 e no programa Radio na biblio desde o curso 2018/19. Destaca, neste eido, a participación do alumnado voluntario na xestión e organización da biblioteca escolar, así como impartindo obradoiros nos tempos de lecer ao alumnado ou creando materiais para a divulgación dos recursos da biblioteca para toda a comunidade educativa.
No perfil que teñen en Facebook tamén fan mención á visita e publican fotos:
![]() |
| O Consello de Redación do Xornal da biblio explica o seu traballo a Judith Fernández |
![]() |
| A Directora Xeral tamén presenciou unha clase de programación "entre iguais" |
E tamén publican outras fotos con aquelo que chamou a súa atención:
O NOSO MOBILIARIO
O ano 2026 está declarado pola ONU como “Ano Internacional da Agricultora”, e o CEIP de Figueiroa aproveita para desenvolver o PDI LABREGAS.
O noso centro está ubicado nun concello rural, A Estrada, formado por 51 parroquias, das que só unha podemos considerar como casco urbano. A agricultura supón unha ocupación económica, política e social da maior parte do territorio, aínda que en claro retroceso.
A case totalidade das familias que conforman a nosa comunidade educativa tiveron, e moitas delas aínda teñen, vínculos coa terra como medio de producción: unha horta, un invernadoiro, ou unha gran plantación.
A pesares de que o mundo rural non está a vivir o seu mellor momento, a muller segue a ser o piar fundamental desta relación entre sociedade e territorio
Ademais do valor reivindicativo desta data, queremos aproveitar para facer unha merecida homenaxe a todas as nosas mulleres labregas, ás labregas do noso concello e sobre todo, ás labregas das nosas familias.
Xa está dispoñible o BANCO DE RECURSOS do novo PDI. Pode accederse na páxina PDI da barra superior.