mércores, 12 de decembro de 2018

NA TÚA CARTA DE REIS, UN LIBRO TAMÉN

Un ano máis, a Biblio de Carola en colaboración coas librarías da Estrada, organizamos unha EXPOSICIÓN coas recomendacións que cada unha das librarías nos fai.

Se xa estamos afeitos a que as nosas librarías respondan sempre dun xeito máis que satisfactorio, nesta ocasión cumpliron con creces as nosas expectativas. Propuxemos que, na medida do posible, atenderan a dúas cuestións moi importantes para nós:

- que o GALEGO estea moi presente nas súas propostas
- que os textos INFORMATIVOS formaran parte das recomendacións lectoras

Pois ben, en galego temos libros a eito!!

Pero ademais, a oferta de literatura que sempre está moi ben cuberta, veuse enriquecida por unha variedade tremenda de libros informativos que atenden dun xeito prioritario ao tema que nos ocupa neste curso


O MAR!!!





Este é o convite que Carola nos fai:



Se vos achegades ao noso cole, poderedes comprobar de primeira man a sorte que temos coas nosas libreiras e libreiros!!



Así luce a Biblio de Carola cando está a piques de abrir as portas da EXPOSICIÓN:










Queremos agradecer a todas e cada unha das librarías a súa participación e colaboración:








🎇🎄🎆🎄🎇🎄🎆🎄🎇 


 
 



🎇🎄🎆🎄🎇🎄🎆🎄🎇 








🎇🎄🎆🎄🎇🎄🎆🎄🎇 







 



 


🎇🎄🎆🎄🎇🎄🎆🎄🎇 



 


🎇🎄🎆🎄🎇🎄🎆🎄🎇 






venres, 30 de novembro de 2018

III Certame Olimpio Arca Caldas

Un ano máis o CEIP de Figueiroa participa neste certame organizado pola A.C. Vagalumes, grazas ao noso Equipo de Dinamización Lingüística que coordina tan fantásticamente a nosa compi Carmen.




Os preparativos empezaron moito antes con todo o alumnado que de xeito voluntario, quixo colaborar.


Reparto de zonas no escenario do Teatro Principal


Guión da posta en escea

Despois de moitos ensaios, 22 nen@s deron forma á obra MIL ANACOS.

Durante a actuación o que se podía ver na pantalla era esta montaxe de música e texto. E foi o único que se escoitou...


mércores, 21 de novembro de 2018

SUBE O MAR ATA O PRIMEIRO ANDAR (II)


A outra exposición da que podemos desfrutar grazas a CULTURMAR

Pequena guía de
EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS


Formada por 20 lonas de 80x120 cm, amosan no corredor de 1º, 2º e 3º de primaria unha escolla de embarcacións tradicionais.



A exposición complétase con fichas de cada unha das embarcacións que aparecen recollidas na seguinte publicación de CULTURMAR.




SUBEU O MAR ATA O PRIMEIRO ANDAR...

Estes días temos os corredores de primaria anegados polo mar.

Grazas a CULTURMAR, podemos disfrutar de dúas exposicións no noso cole, unha delas é:

 
OFICIOS DO MAR. 



  Esta exposición formada por 9 PANEIS de lona de 200x115 cm ocupan toda unha parede do corredor de 4º, 5º e 6º de primaria.

Os oficios van aparecendo según a actividade productiva traballada en cada panel.









 Cos materiais cedidos por esta Asociaicón, puidemos crear a seguinte PROPOSTA DE TRABALLO:


















sábado, 17 de novembro de 2018

Nova páxina dentro deste blog: CONCURSOS



Estreamos unha nova páxina dentro deste blog:

CONCURSOS



Aquí daremos conta dos concursos literarios que se convocan para que vós poidades participar.

Aproveitamos para pedirvos que se sabedes dalgún concurso ou certame literario, nolo fagades chegar ao correo da biblio, para darlle publicidade.

Agardamos polas vosas novas en bibliodecarola@gmail.com

Que tal se probamos?

venres, 2 de novembro de 2018

SAMAÍN 2018


Pequena mostra da exposición feita no cole polo SAMAÍN.

Á petición do CEIP de Figueiroa de mesturar MAR e SAMAÍN, a resposta das familias foi


FANTÁSTICA!!!

MOITAS GRAZAS!!!


RECANTOS DA NOSA BIBLIO

o 24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS, abrimos as portas da Biblio de Carola no recreo.

Presentamos varias novidades:

- NOVO GRUPO DE VOLUNTARI@S DA BIBLIO. Nenas e nenos de 5º e 6º que colaboran nos recreos para que todo funcione perfectamente.

- NOVOS RECANTOS no Espazo creaTIvo. Esta zona da biblio xa dispón de maior superficie e incluimos o RECANTO DE CONSTRUCIÓNS e o RECANTO DE LABORES.

Na seguinte reportaxe fotográfica conxugamos recantos e SAMAÍN:


RECANTO DE MANUALIDADES:







 RECANTO DE LABORES:






RECANTO DE CONSTRUCIÓNS:



 RECANTO DE ORDENADORES:




ZONA DE XOGOS:




 ZONA DE LECTURA: