luns, 18 de abril de 2016

ABRIL, MES DO LIBRO



ABRIL, MES DO LIBRO
NO CEIP DE FIGUEIROA

-    ESTRADA DAS LETRAS -

En abril celebramos a festa dos libros, e Carola cóntavos o que ten preparado para os próximos días. A disfrutar!

-Luns 18 Abril ás 12:00h na biblioteca para os cursos 5º e 6º1 Primaria, visita e conferencia de D. Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Visita de D. Luís Reimóndez, fillo de D. Manuel Reimóndez Portela, médico rural, escritor e alcalde do concello de A Estrada coa temática
 “A Estrada: historia, tradición e cultura.”

- Mércores 20 Abril ás 12:15 Actividade “Rotonda das letras.”
Os alumnos e alumnas de 6ºB, 4ºA, 4ºB, 2ºA, 2ºB, 1ºA e 1º B de Primaria preparan lecturas de autores Estradenses para compartir cos compañeiros/as. Atentos/as ás quendas, colgarémolo na biblio!

-Venres 22 Abril levarase a cabo a actividade “Cris contacontos.” Contamos coa colaboración da nosa ANPA Picariños para disfrutar de 4 sesións de animación á lectura destinadas a Ed. Infantil e Ed. Primaria.
Reparto de marcapáxinas!!



Por suposto, haberá alguna que outra sorpresiña, non deixedes de pasar pola Biblioteca!!

Carola espera que chegue o sol rebulideiro
para que aloumiñe as nosas lecturas…