CAROLA..., SEMPRE CAROLA

CAROLA..., SEMPRE CAROLA

domingo, 3 de decembro de 2017

CANCIÓNS FAVORITAS DE PROFES!!

Ás profes e aos profes tamén lles gusta e lles presta a música.

Por iso queren compartir as súas cancións favoritas.

Aproveitaremos as semanas incompletas para escoitar este listado.







MUSICÓMETRO: resultados!!!

Xa se poden ver hai días os resultados das votacións na entrada do cole.

A partir deses datos creamos unha lista de reprodución en Youtube coas

26 CANCIÓNS MÁIS VOTADAS!!!

son as cancións que teñen 5 votos ou máis de AVOAS-AVÓS, NAIS-PAIS e FILL@S.





CANTA VARIEDADE!!

6º B de Educaciuón Infantil RUMBEOU unha semana!!!



Esta foi a escolla de RUMBAS que fixeron os maiores de Infantil.

Como xa saben moito de rumbas, hai exemplos de:

RUMBA FLAMENCA 

RUMBA CATALANA 

RUMBA GALEGA 

Parecía tan sinxelo e son un mundo!!!



xoves, 23 de novembro de 2017

25 de NOVEMBRO. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Igualdade



O sábado 25 de novembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

No CEIP de Figueiroa imos achegarnos a este problema, a partir de situacións reais nas que alguén se empeña en facernos diferentes, distintos e desiguais.Agora que está tan próximo o Nadal e con el os inevitables e agardados agasallos, imos fixar a atención nas ofertas de xoguetes.

TODOS QUEREMOS XOGUETES??
COÑECEMOS MOITOS XOGUETES?
SABEMOS PARA QUE SIRVEN OS XOGUETES QUE QUEREMOS?

Pois despois de ter claro esas cousiñas, miraremos polo miúdo como nos presentan eses xoguetes, facendo este TRABALLO EN EQUIPO. Tan só precisaremos catálogos de xoguetes e as fichas que aparecen a continuación:



Moitos destes xoguetes, moita publicidade, entra polos ollos. Na televisión dende onde máis publicidade nos chega.
Fixemos unha escolla entre diferentes anuncios publicitarios para traballar na clase.

Son 25 ANUNCIOS de XOGUETES.

É un TRABALLO EN EQUIPO, porque pensando entre varias persoas, pensamos máis e mellor.

Colocádevos en grupos de 4 ou 5. Trátase de ver o vídeo en clase e ir contestando a ficha que aparece a continuación. Entre anuncio e anuncio hai 5 segundos que poderedes aproveitar para parar o vídeo e adicar un pouco máis de tempo á pensar e contestar.







A modo de resume, deixamos aquí un vídeo que fixo The Huffpost, sobre o sexismo nos xoguetes. Recomendamos velo despois de facer o traballo de reflexión previo.



E como estamos no ANO DA MÚSICA, como non podía ser menos, durante o venres e o luns escoitaremos unha escolla de cancións que demos en chamar

25 de novembro no ano de MÚSICA, MÚSICAS


A CLASE DE 3 ANOS PEGA FORTE CO HEAVY!!

Durante esta semana escoitamos unha seleción feita pola clase de 4º A de Infantil.

O estilo musical:





A escolla que fixeron foi a que aparece neste vídeo:



As mañáns entraban con forza no noso cole!!!








Viva o HEAVY METAL. 

domingo, 19 de novembro de 2017

A MÚSICA QUE ESCOITAMOS CADA SEMANA... BAILAS??

Ola a todos. Como puidestes ver o noso cole está máis musical ca nunca.

Son tantos e tan variados os estilos que se están a traballar en todas as clases!!


Podemos coñecer máis de cerca cada estilo, cada música, grazas á nosa MÁQUINA DE DISCOS. Está situada na entrada do cole e no seu cadro de seleción podemos ir vendo que música escoitamos cada semana do que queda de curso.








Durante a semana pasada escoitamos CHARLESTÓN. Tratábase da escolla que fixo 1º A de Primaria e que vos deixamos a continuación.




A entrada ao cole, o recreo e a saída fixéronse dun xeito moooito máis animado. Daba xenio ver como ata os máis pequenos acodían ao patio movendo as cadeiras e os brazos. Podemos decir que o charlest´n foi do noso agrado.

E QUE NOS AGARDA PARA A SEMANA QUE COMEZA MAÑÁ?? Só podemos adiantar que a escolla musical corresponde a un dos grupos dos máis peques do cole: a clase de 4º A de Educación Infantil.

Van sorprender a máis dunha coa súa seleción!!

Mañá máis...

martes, 31 de outubro de 2017

A CABALO DA MÚSICA CHEGA O SAMAÍN A FIGUEIROA!!!

Non acabamos de acostumarmos á respostas das nosas familias. O reto deste ano era difícil, difícil, pero..., aí están, batendo todos os récords e expectativas.

A premisa que lanzamos, para AMBIENTAR o cole era que os cabazos do SAMAÍN gardaran algunha relación co proxecto deste ano "MÚSICA, MÚSICAS".

A resposta foi enorme e moi, moi, moi lograda.

Queda pendente de rematar un vídeo que dea boa conta, polo miúdo, do moito e ben que se traballou. Pero non podemos esperar a amosar os nosos espazos musicais.

A exposición artellouse en varios espazos, onde se recollían as producións por estilos musicais afíns.



 


GOZADE!!!

















xoves, 5 de outubro de 2017

BENVID@S AO NOVO CURSO!!!

Xa estamos de volta, de feito con Outubro xa empezado, podemos decir que estamos totalemente instalados. Ata os máis novos, as nenas e nenos de 3 anos, é como se sempre estiveran aquí.

ASÍ DÁ XENIO!!!


Anda o cole medio revolto coas miñas peticións e encargos. A entrada parece un escaparate dunha discográfica!!! Un feixe de LPs, dos discos "antigos" flotan por riba das nosas cabezas. De cada disco colga un estilo musical. E pouco a pouco van desaparecendo os guións de traballo e son sustituidos por CDs co curso que se "apropiou" dese estilo.


Xa podemos sospeitar por onde van os tiros neste curso, ou máis ben: os compases, os ritmos,...

Para este curso imos gozar e disfrutar con 


MÚSICA, MÚSICAS


 

A xeito de introdución cada clase vai ter que traballar un estilo musical. O traballo consiste en dar resposta a 4 sinxelas preguntas (ou non tan sinxelas!!!)





  • QUE SABEDES DESE ESTILO MUSICAL?     Aínda os estilos musicais máis raros, de seguro que nos traen á nosa memoria algún dato. É case imposible non saber nada de algo!!

  • QUE QUEREDES SABER?     Aínda que coñezamos moito sobre un estilo musical, sempre quedan cousas por aprender. É case imposible saber todo de algo!! Nas instrucións que había nos discos, apunto varias posibilidades: 
    · orixe e causas dese estilo musical
    · Donde se dou ese estilo (ubicación xeográfica)
    · Cando se produciu (momento histórico)
    · Representantes
    · Instrumentos empregados
    · Modalidades, estilos
    · Estética, rasgos físicos que o definen
    · Anécdotas
    · 
     
  • COMO NOS IMOS ORGANIZAR?      Haberá que buscar información para dar resposta á pregunta anterior. Para iso contamos coa colaboración das familias, e por suposto coa miña colaboración. Estarei encantada de recibirvos na miña-nosa casiña, na biblioteca para axudarvos en todo o que poida. Pero ollo!!, non todo o que leamos vale, hai que selecionar a información, hai que debullala, e hai que preparala. DARLLE O NOSO TOQUE PERSOAL!!


  • COMO O IMOS PRESENTAR?     Cando rematemos o traballo das preguntas anteriores, é o momento de COMUNICALO.  Desta volta non imos facer libro, nin carteis, nin fotos.... Agora toca FALAR. A meta deste traballo é facer unha EXPOSICIÓN ORAL de todo o que investigamos. Unha boa opción para apoiar esta exposición é facer unha presentación dixital, para a que podedes contar co asesoramento da bibioteca...

mércores, 24 de maio de 2017

Dende o blog de Lingüereta..., compartimos:

A VISITA DE XOSÉ LUNA

O pasado martes, día 9 de maio tivemos o pracer de recibir no noso colexio ao mestre e escritor estradense Xosé Luna Sanmartín.
Realmente foi para nós un auténtico luxo poder contar coa presenza deste persoeiro tan importante, pero sobre todo, tan bo amigo.
Baixo a calidez e a presenza dun  Sol Rebulideiro, os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP puideron desfrutar e xogar coas palabras dun conto moi divertido. Claro, se son as palabras de  Xosé Luna, que foi quen de escribir entre outros O libro dos bicos, nunca se sabe o que pode pasar, ao mellor ata se pode colar Unha iguana no Ceip de Figueiroa.. eh?
 
 
 
 
 
 

sábado, 20 de maio de 2017

COMPARTINDO LECTURAS.... de Xosé Luna


A semana do libro de Abril 2017, está enmarcada dendo do proxecto ESTRADA DE ESTRADAS. Por iso botamos man da obra do autor local XOSÉ LUN, para dar e recibir poemas de dúas das súas obras: "O libro dos bicos" e "Sol rebulideiro".




De como saeu todo, damos conta, no seguinte vídeo:


domingo, 14 de maio de 2017

TEMOS UN CONTO ENTRE MANS...

A celebración do DÍA-SEMANA-MES do LIBRO, vai máis alá de coñecer e traballar sobre historias que chegan ata nós. Nesta ocasión a proposta que nos ofrece Carola é a CREACIÓN LITERARIA.

A Biblio de Carola vai contar con dúas novas incorporacións, unha historia dos grupos A e a outra dos grupos B do noso CEIP de Figueiroa.

O proceso é o seguinte:

- En Educación Infantil tómanse as decisións que marcarán o inicio do conto.
  • 4º de Infantil decide sobre QUE ou QUEN protagoniza a historia
  • 5º de Infantil decide sobre ONDE se vai desenvolver todo
  • 6º de Infantil decide sobre QUE VAI APARECER
  • 6º de Infantil decide sobre O QUE NON PODE FALTAR
- Canto chegan esas condicións a Primaria, a historia empeza nunha das clases e vai pasando por todas e cada unha ata que todas e todos participen.

Para ilustrar os contos, en cada clase fan os debuxos que queiran, sobre calquera das partes da historia.

TEMOS UN CONTO ENTRE MANS...,
DAS CLASES A.

QUE ou QUEN: Unha escola embruxada
ONDE: un monte moi alto, onde de noite se vían as estrelas
QUE VAI APARECER: unha caixa máxica que se move e bota fume

Por fin temos un novo conto feito por todos e para todos:



TEMOS UN CONTO ENTRE MANS...,
DAS CLASES B.

QUE ou QUEN: Un grupo de nenas e nenos
ONDE: no bosque
QUE VAI APARECER: un lobo
O QUE NON PODE FALTAR: unha canción



sábado, 6 de maio de 2017

De como o Mago Toño encheu o noso salón..., de MAXIA!!!

O "noso" Mago Toño foi quen de facer que algúns de nós fixeramos cousas incríbles!!

Cando as nenas e nenos de toooodo Infantil e @s de 1º e 2º chegaron ao salón, pouco podían sospeitar do que alí ía acontecer...

O salón..., cheo completo!!

Bos días, Mago Toño!!!



onde irá parar o pano azul?
Para saber que lle pasou a Óscar co pano vermello, ou se Mara foi quen de encantar a serpe, ou se Carla consigueu pescar a carta....  SON TANTAS FOTOS QUE PICA E VERÁS...

CRIS DE CALDAS trae a CASARES e á Galiña Azul

Menudo paseo pola obra de Carlos Casares da man de Cris de Caldas!!!

Cris xa se está a convertir nun "imprescindible " do noso cole. E neste ano, non podía ofrecernos mellor agasallo que darnos a coñecer ou re-coñecer a Carlos Casares.

@s afortunad@s en disfrutar de Cris e Carlos, nesta ocasión, foron nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Aquí queda unha mostra para compartir...



Aquí debaixo hai máis fotos....

luns, 24 de abril de 2017

Entramos de cheo na SEMANA DO LIBRO

O 23 de abril, data importante para as bibliotecas, celébrase o Día do Libro. Para nós este día servirá de pistoletazo de saída da

                                                    
           SEMANA DO LIBRO         
                                                    





Durante esta semana viviremos moi intensamente a creación e o disfrute de libros, contos, poemas e... maxia!!




Un ano máis, grazas á colaboración da nosa fantástica ANPA "Picariños", podemos disfrutar de actuacións especiais para todas e todos.





                                     CONTACONTOS  

O luns 24, ao longo da mañá Cris de Caldas volve de novo ao cole de Figueiroa para amosar a 3º e 4º, e a 5º e 6º de Primaria, a súa proposta sobre Carlos Casares, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.





                                                          MAXIA  

Como a maxia é algo polo que toleamos, repetimos!!, pero esta vez ven da man do noso mago local, o Mago Toño.



Deseño de Rosa de Cabanas,
para a Fervenza de Ouzande





                                                                TEMOS UN LIBRO ENTRE MANS!!
                                                                                                                      
                                         ESCRIBIMOS DOUS CONTOS COLABORATIVOS.


De xeito colaborativo e acumulativo, imos CREAR  2 CONTOS.

Partirán dende Infantil ata chegar a 6º e formarán parte da nosa biblioteca.

Haberá un conto construido por todas as clases A, e outro polos grupos B. Seguiremos o seguinte proceso:
  • En 4º de Infantil (3 anos) deciden QUEN É @ protagonista
  • En 5º de Infantil (4 anos) deciden ONDE PASA a acción
  • En 6º de Infantil (5 anos) deciden QUE aparece de súpeto!
  •  A partir de aí, o conto subirá ao primeiro andar do colexio e seguirá ruta por todos os cursos, ata que ao final do corredor, por 5º e 6º decidan darlle fin.

En cada clase sodes libres de facer as ilustracións que consideredes oportunas, tanto do texto que escribistes, coma do que escribiron outros cursos anteriores.


Ao final, dende a Biblioteca darémoslle a forma de libro que debe ter todo bó conto.




                                                                                            BICOS ATA O SOL!!
                                                                                                                           
                                                       COMPARTINDO POEMAS DE XOSÉ LUNA.

Non podía ser doutro xeito, se xuntamos ESTRADA de ESTRADAS e semana do libro, o resultado que nos dá, desta volta, é Xosé Luna.


Durante esta semana, unha escolla de poemas de Xosé Luna estarán pendurados na entrada do colexio. Cada clase encargaráse de preparar un deses poemas para ir despois a lerllo a outros compañeiros.


Traballaremos poemas das súas obras:







venres, 7 de abril de 2017

DINAMIZAESTRADA 2017

Un ano máis os equipos de Normalización Lingüística do concello da Estrada, convocaron o concurso de microrrelatos e micropoemas. A participación foi moi boa e no noso colexio, houbo moitas e moi boas producións.

De todos os escritos recibidos, no CEIP de Figueiroa resultaron premiados:

CONCURSO DE MICROPOEMAS, que debían incluir a palabra VENTO:

- Yago Durán Sueiro de 2º de primaria
- Lea Rodríguez Ríos de 3º de primaria
- Darío Blanco Ruzo de 5º de primaria

CONCURSO DE MICROrRELATOS, onde debía aparecer a palabra VERÁN:

- Carla Álvarez Fontenla de 2º de primaria
- Iziar Barcala Iglesias de 3º de primaria
- Lois Camino Míguez de 6º de primaria

Os textos en boca dos autores quedan neste vídeo que presentamos a continuación:


domingo, 19 de marzo de 2017

CONTACONTOS: "O cociñeiro Martiño"


Que grata sorpresa recibir, como xa e habitual, a visita do Contacontos con que nos agasalla Editorial Xerais.
Nesta ocasión Iago López presentou un conto moi suxerente, que nos enganchou rápidamente:

"O COCIÑEIRO MARTIÑO"


Así de atentos estaban


        



Á hora de pedir voluntari@s, ninguén quería quedar atrás

Aos poucos foron saíndo Martiño, o cociñeiro, e todoas aquelas personaxes que lle ían proporcionando os ingredentes para o seu plato

 Cando todos os personaxes voluntarios estaban en escea...




Seica o libro despertou espectación!!


Parece que foron moitos os que deixaron pegada desta actuación. Aquí deixamos unha mostra de como viron o conto as nenas e nenos de 6ºB de Educación Infantil.







luns, 13 de marzo de 2017

"Día de Rosalía". Poema recreado en INFANTIL

Os 7 grupos de Educación Infantil do noso cole participaron na homenaxe a Rosalía de Castro e traballaron co poema "Castellanos de Castilla".

Lingüereta máis eu tivemos serios problemas para escoller entre todos os debuxos, posto que cada nena e cada neno fixo candanseu debuxo do verso que lle tocou á sua clase.

A elección deste poema obedece tamén á temática que estamos a traballar no cole dende o Día da Paz, dentro do proxecto ESTRADA DE ESTRADAS.



Agardamos que vos guste!!!


"Día de Rosalía". Poema recreado en PRIMARIA

Recén saído do forno, chega a primeira recreación colectiva dun poema de Rosalía de Castro. 

Mapa mundi que recolle os destinos dos nosos emigrados


Neste ano, no proxecto ESTRADA DE ESTRADAS, traballamos a situación dos refuxiados a partir das experiencias dos nosos familiares emigrados. Por esta razón, o poema elexido para traballar por todo o alumnado de Educación Primaria foi "Iste vaise", da obra FOLLAS NOVAS.




O Val das mouras, case tan contentos como está Carola!!!
Nesta ocasión tivemos un agasallo moi especial. Á hora de poñer música á montaxe, buceando por internet atopamos un grupo que ofrecía unha versión moi fresca, moi bonita dos poemas de Rosalía. Estaba claro que esa tiña que ser a "nosa" música. Así que Carola púxose mans á obra e contactou co grupo 
O val das mouras.
 Non tardaron nin media hora en responder ao correo electrónico. David o seu representante estaba encantado, e non só nos deron permiso, senón que enviou por correo un arquivo de audio dunha calidade excelente. 

Esta foi a súa resposta:  Por suposto! Podedes empregar o que queirades! De feito fainos moita ilusión :) Eu tamén son mestre, aquí en Bcn.... que a nosa música axude a sementar a obra de Rosalía nas escolas paréceme sinxelamente brutal.
 Moitas grazas David!! Moitas grazas Val das Mouras!!

E aquí queda o noso traballo:





luns, 27 de febreiro de 2017

MOMENTAZOS DO ENTROIDO NO COLE!!


Cando o entroido é compartido, dá xenio!!! Grazas ás compis do bus!!
Pica debaixo para ver a entrada completa...

24 DE FEBREIRO: Día de Rosalía



 O venres 23, no MOME celebrouse o DÍA DE ROSALÍA.
 
O CEIP de Figueiroa tamén participou a través da intervención de Kenia Souto co poema "Castellanos de Castilla"

Foi a ocasión elexida para presentar o novo traballo colectivo, sobre un dos poemas da nosa autora. "Negra sombra" aparece nunha nova interpretación onde participan moitos e moitas viciñas da Estrada. Aquí queda ese maravilloso traballo:


Parécenos esta unha moi boa ocasión de recordar a creación colectiva que fixemos no CEIP de Figueiroa hai uns anos.



Así imos facendo boca, agardando polos poemas que están a piques de sair neste curso dende o noso cole.
Lembremos que terán moito que ver co que se está a traballar no proxecto ESTRADA DE ESTRADAS. Máis concretamente coa temática iniciada co gallo do Día da Paz: refuxiados-emigración...
Xa queda pouco!!


CHEGOU O GRAN DÍA!!! PRIMARIA NO FESTIVAL DE ENTROIDO!!!

Para disfrutar e recordar este gran día, aquí queda unha mostra de todo o que se viveu tan intensamente!!


Pica debaixo para ver a entrada completa...


 1º de PRIMARIA






CHEGOU O GRAN DÍA!!! INFANTIL NO FESTIVAL DE ENTROIDO!!!


Para disfrutar e recordar este gran día, aquí queda unha mostra de todo o que se viveu tan intensamente!!

Pica debaixo para ver a entrada completa...

4º de INFANTIL


 




venres, 24 de febreiro de 2017

REMATOU A SEMANA E..., OBEDECEMOS AO XENERALIÑO!!


LUNS. EN BATA DE CASA.


5º B de Educación Infantil, posando onda o noso Xeneraliño
4º de Infantil, como recén levantados da cama!!



2º B, agardando para baixar á clase de música


MARTES. CUNHA HORTALIZA



Pica debaixo para ver a entrada completa...

venres, 17 de febreiro de 2017

Semana do entroido: OS MANDADOS DO XENERALIÑO

Que guapo e que feito quedou este Xeneraliño
que fixeron nenas e nenos de 8 grupos,
de Infantil e Primaria!!


  Nunha das nosas semanas favoritas do curso, xa estamos dispostos a obedecer o que nos manda o noso Xeneraliño do Ulla.
 
Este ano os MANDADOS están moi relacionados co proxecto que estamos a traballar "Estrada de Estradas".

Todo o cole vivirá o entroido como unha de tantas e tantas feiras que hai e houbo no noso concello. Agora sabemos que temos feira na Estrada os mércores e os sábados, pero houbo feiras de moita sona!!!

preguntade, preguntade e veredes...





Pois para esta nosa feira que tamén ha de ter moita, moita sona, o Xeneraliño vai preparándonos deste xeito:






Luns, en BATA DE CASA 

















Martes, cunha HORTALIZA


 





Mércores, cun PANO MOI  COLORIDO



 





 Xoves, DISFRAZ LIBRE