mércores, 30 de decembro de 2015

martes, 20 de outubro de 2015

HORARIO DA BIBLIOTECA

"¡PRESENTAMOS O HORARIO DA BIBLIOTECA PARA ESTE CURSO!"

luns, 29 de xuño de 2015

GUÍA DE LECTURA DO VERÁN

Coma estes últimos anos aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras feitas en colaboración cos centros de Oca, do Foxo e de Codeseda. Non esquezades ler. Un bico moi grande de Carola

A MAXIA DAS COUSAS

Un dos contos escollidos polos alumnos e alumnas de 4º que viaxaron ata a India é o que podedes ler a continuación.

A ORIXE DA MANDIOCA

Os nenos e nenas de 3ºA escribiron e ilustraron un conto tradicional brasileiro que nos conta a orixe dunha das plantas do país. Podedes lelo aquí.

CADERNOS VIAXEIROS DE PRIMEIRO

Este ano a mochila viaxeira chegou a primeiro cun caderno viaxeiro no que os nenos e nenas podían traer escrito algo que quixesen: poemas, cantigas, chistes, receitas.................. e CANTO ESCRIBIRON!

domingo, 31 de maio de 2015

VIDEO CONTOS FEITOS COAS LECTURAS PREPARADAS PARA O DÍA DO LIBRO

   A continuación podedes ver o conto A XIBA DOS BÚFALOS, conto tradicional canadiense que explica a razón da gran xiba coa que cargan os búfalos




  “ A lenda da Ra Tiddalik”   é un conto tradicional australiano, co cal explican aos nenos como saber cando vén unha época de sequía. Contan o conto os nenos e nenas de 5ºB.




Adaptación dunha lenda Azteca feita polos peques de tres anos sobre o millo comida moi importante para os habitantes Mexicanos




   O seguinte conto tamén chega dende Australia pero é un conto para a vida que ten coma protagonista a un pequeño canguro. Os nenos e nenas de 5º B empezan “O pequeño canguro”




  Escoitade con atención o fermoso relato que nos deixaron os nenos e nenas de segundo. É un conto tradicional chino titulado  “O regalo que non se ve”.







 Outro conto cheo de ledicia nos chega dende Exipto. Titulase “A lenda de Osiris” e son os nenos de 6º de Educación Infantil quen nolo relatan

 

FOTOS DOS TRABALLOS DOS PAÍSES

Aquí tedes o primeiro traballo que saiu de cada aula na
nosa VIAXE polo MUNDO.


 

DÍA DA PAZ NO MUNDO DE FIGUEIROA

Aínda que xa pasou un tempiño nunca é tarde para achegarvos un traballiño que fixemos entre todos no día da paz e que aínda non tiñamos montado. Graciñas a María que fixo esta preciosa montaxe. Acordádevos das tres palabras que escollemos, como se dicían en cada país… Pois a disfrutar!!!!

martes, 19 de maio de 2015

PEQUENOS GRANDES LECTORES

Estos foron os libros que levaron en préstamo os fins de semana deste curso os nenos de tres anos B. Graciñas familias pola vosa colaboración

sábado, 9 de maio de 2015

ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO. ANPA PICARIÑOS

Deixamos aquí unhas fotos das actividades que a ANPA nos ofrece polo día do libro.
A sesión de Barafunda para os máis pequenos levounos de viaxe por todo o mundo



Con Manoele de Felisa escoitamos fermosos poemas de autores galegos e tamén cantamos



A sesión de Capoeira fixo as delicias de todos os nenos e nenas.






venres, 1 de maio de 2015

DÍA DO LIBRO NO NOSO CENTRO

No día do libro a nosa fantástica viaxe tíñase que ver reflectida nas lendas e contos doutras culturas que os nosos nenos e nenas prepararon para lerlles a todos.
Houbo que facer dúas funcións para dar cabida a un auditorio desexoso de escoitar.



INDIA. O grupo de 4º A de primaria contou, de xeito colectivo e con escenificacións o conto “A maxia das cousas”. Os compañeiros de 4º B, fixéronno co conto “O mundo medra”. As dúas historias remataron con bailes hindús e os traxes que levaban contribuían a facer un fantástico espectáculo.


  • EXIPTO. Os dous grupos de 6º de educación infantil contaron, entre todos, a “Historia de Osiris” . Puidemos incluso comprobar como se reunían os 14 anacos en que foi partido Osiris para volver como rei dos mortos
  • CANADÁ. 3º B de primaria explicounos cun conto moi ameno, “Por que os búfalos teñen xiba”


  • AUSTRALIA. Grazas a 5º B de primaria soubemos porque en Australia se fixan tanto nas rás para saber do tempo que vai ir. O conto “A ra Tiddalik” chegou a nós mediante a técnica do kamisibai .                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                No segundo pase, para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, a viaxe foi tal que así:

  • CHINA. Fixeron un bis do seu conto “O regalo que non se ve “ e pagou a pena volver valorar esas pequenas cousas inmateriais que nada custan e moito aportan como son os bicos, as apertas,...; o amor.
  • BRASIL. Que lenda tan fermosa contaron os nenos e nenas de 3º A para explicar “A historia da mandioca”
  • CANADÁ. Repetiron e melloraron, se cabe, a súa explicación de “Por que os búfalos teñen xiba”

  • INDIA. Nesta ocasión 4º B contou o conto “O mundo medra” e 4º A agasallounos de novo co baile hindú
  • CUBA. “El color de los pájaros” foi o conto escollido por 5º A como máis representativo do seu país caribeño.

  • AUSTRALIA. De novo 5º B trouxo ata nós historias tan lonxanas... A presencia dun canguro impoñente no escenario captou a nosa atención de contado.
  • ISRAEL. “O sabio, o forte e o bó” foi o conto dramatizado, con que nos agasallou 6º A.
  • PALESTINA. O grupo de 6º B convenceunos que hai que crer e perseguir os propios soños co súa historia “A ponte de Xerusalén”

  • O día de hoxe rematou cun baile de sobra coñecido por todas e todos que a pouco non somos quen de valeirar o salón e voltar ás aulas. Está claro que nos gusta a festa!
  • martes, 21 de abril de 2015