mércores, 24 de febreiro de 2016

GRACIAS FAMILIAS !

"Ainda que con retraso non queremos deixar de agradecer a tódalas familias que coa súa participación conseguiron que este ano tIvéramos un precioso Nadal máis estradense ca nunca. A todos, gracias!"

martes, 23 de febreiro de 2016

"ARREBOLA NADAL"

Un pouquiño tarde...pero non queremos deixar de poñer nesta fiestra unha mostra do precioso traballo que neste nadal iluminou o noso centro.
"Arrebola Nadal" con todos os lugares fermosos que nos descubristes do Concello.
Perdoade se algún quedou fóra...

martes, 2 de febreiro de 2016

CESTA VIAXEIRA

"Co novo ano, nova proposta!! Carola preséntavos a cesta viaxeira na que podedes atopar cousiñas interesantes. Botade unha ollada!".