mércores, 15 de decembro de 2021

DE VIAXE NO TEMPO CON 6º!!!

 En 6º andan a traballar a historia máis recente e tiveron a ben convidarnos a compartir esta viaxe no tempo. Aquí presentamos imaxes do seu traballo e ao final poderás entrar nunha liña de tempo convertida nun Genially


O grupo de 6º A expón  nas paredes da clase, axexade o seu traballo e como traballan:   







É un bo traballo de investigación que podemos ver polo miúdo nestas imaxes da clase de 6º B:






As nenas e nenos de 6º B convertiron a liña do tempo que teñen na clase nunha actividade online, para poder disfrutar dela dende calquera lugar.


CLUB DE LECTURA? NOOOON!!! CLUBS DE LECTURA

A Biblio de Carola recunca nos Clubs de Lectura. 

Por fin!! despois de tanto tempo, volve haber no cole 

non 1

nin 2

senón  3 CLUBS DE LECTURA!!!


Son as nenas e nenos de 6º, e como son tantas as persoas interesadas, houbo que organizarse en 3 grupos, 2 clubs de 6º B e 1 club de 6º A. 

Para que coñezamos moito sobre estes clubs, crearon o BLOG "A maxia de ler". O nome foi o acordo ao que chegaron na súa primeira reunión. Se prememos na imaxe da súa portada chegaremos ao seu blog
 

martes, 14 de decembro de 2021

"LÉNDOLLE AS VOLTAS AO MUNDO"

Un ano máis sabemos que chega o Nadal, porque as biblios PLAMBE de todos os coles da Estrada, xúntanse para escoller as mellores lecturas neste tempo de lecer.

Neste curso non nos cansamos de DAR VOLTAS AO MUNDO, e agora é tempo de ler esas voltas. 

Así é como os coles de 

CEIP de Pérez Viondi

CEIP do Foxo

CEIP Cabada Vázquez

CEIP de Oca

e o noso, o CEIP de Figueiroa

 acordamos ofrecervos ideas para os vosos agasallos de Reis ...




E outro ano máis quedamos sen poder facer a EXPOSICIÓN de Nadal coas nosas LIBRARÍAS LOCAIS. Agardemos a que o ano novo nos permita disfrutar a nosa biblio para facer exposicións e moitas cousas máis!!!

Pero non nos esquecemos das librarías e fixemos as recomendacións en formato cartel por se queren amosalo nos seus establecementos




xoves, 18 de novembro de 2021

XA TEMOS MOITOS RECURSOS para investigar...

 Cada vez chegan máis recursos para traballar o PDI deste curso. 

Xa sabedes que os podedes atopar neste blog, na pestana superior que se chama PDI.



A última incorporación é este material editado por  GeoPlaneta e Acción Cultural Española, coa colaboración dos Ministerios de Asuntos Exteriores e Cooperación/AECID; e de Cultura e Deporte; ademais do Instituto Cervantes.



sábado, 6 de novembro de 2021

REMATA OUTUBRO: samaín, magosto, carreira, música...

 Menudo fin de mes!!!  Non faltou de nada!!

-   FOTOS DE GRUPOS   -


-   EXPOSICIÓN DE CABAZAS   -

As FAMILIAS superaron novamente todas as expectativas. Dá xenio ver como cada ano son quen de dar forma de cabaza ao noso PDI, e este curso non parecía sinxelo con "Dándolle voltas ao mundo". Pero aí están!!



-   "EXTRA" de PACO NOGUEIRA   -

Contamos cunha verdadeira festa grazas ao alumnado que no curso pasado estaba en 5º B de primaria.

 Presentáronse a un concurso de CORRELINGUA cun vídeo sobre o noso idioma, e... GAÑARON!!

 De premio, obtiveron unha actuación do gran PACO NOGUEIRA que compartiron coas outras aulas do seu nivel.


-   CARREIRA DO MAGOSTO   -

Coma (case) todos os anos celebramos a CARREIRA DO MAGOSTO, e aquí queda a proba de como os máis peques correron.

Todas as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de infantil fixeron o percorrido que deseñou o profe Jorge, e que ben o pasaron!


- PSICOMOTRICIDADE E SAMAÍN -

Que sexa Samaín non impide desenvolver as clases de xeito normal.

Así o quixemos amosar na clase de Psicomotricidade de 5º A de Infantil.

martes, 26 de outubro de 2021

24 de OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS.

 Carola quixo convidar a todo o cole a festexar o Día das Bibliotecas, dun xeito moi particular...


Quere saber para que NECESITADES BIBLIOTECA... Así vai tomar boa nota de se ela ofrece na biblio o que vós queredes.

As respostas xa están chegando e Carola vai compartir nesta entrada.

As clases máis madrugadoras... 1º B, 6º B e 5º B de primaria. Moitas grazas pola vosa colaboración!!

domingo, 24 de outubro de 2021

E SE A VIAXE COMEZA POR UN PATIO LIMPO??

Menudo traballo fixeron as nenas e os nenos de 6º B de primaria!!

Moito e moi bó traballo!!


Pero que o seu traballo perdure depende de todas persoas que convivimos no cole. 

Por se alguén non o entende, pode escoitar a súa mensaxe en GALEGO, CASTELÁN e INGLÉS. Se alguén non se dá por enterado... mal imos acabar.


PARABÉNS RAPAZAS E RAPACES E...

MOITAS GRAZAS!! 



PDI deste curso: DÁNDOLLE VOLTAS AO MUNDO!!

 Este curso IMOS DE VIAXE!!






 

Neste ano celébrase o V Centenario da PRIMEIRA VOLTA AO MUNDO. Por iso aproveitamos este tema para coller o noso mundo e darlle unhas cantas voltas.




 

  • Acompañaremos a Fernão de Magalhães e a Juan Sebastián Elcano na súa viaxe.
  • Coñeceremos a moitas das persoas que foron atopando polo seu camiño e, nalgún caso, melloraremos o xeito que relacionarnos con eses pobos.
  • Investigaremos sobre moitas outras persoas que tamén emprenderon viaxes fantásticas. 
  •  Saberemos da influencia desa e doutras viaxes no noso concello,  A Estrada.

E moitas. moitísimas máis cousas que iremos descubrindo ao longo do curso. 

Para saber máis deste proxecto, vai á pestana de PDI e pica na imaxe do proxecto deste ano. 




novo curso! de mudanza???

 Si, si, si... o novo curso comezou e Carola non apareceu por aquí ata hoxe. Certo é que estivo moi ocupada e moi liada.

Andaba buscando casa, porque era probable que tivera que prestar a súa. 

- A quen vai prestar a biblio?

- A  VÓS!!!


Recordade a revista CANDEAS do curso pasado... Algo adiantaba 



 noso cole vai mudar de cara, vai poñer traxe novo!! Cambiará de imaxe por fóra e por dentro. 

Ata aquí vai chegar unha morea de persoas que van facer todo o posible por ter un cole das 3 BBB 

- BO. Xa era bo, pero agora imos mellorar moito máis!!

- BONITO. A todos nos gusta moito o noso cole, pero a quen lle desagrada un dóce? pois o cambio vai ser tan grande que vai parecer que imos estrear cole novo. Unha preguntiña xogo.... QUE COR VAI TER O NOSO COLE? a ver se eres quen de acertar...

- BARATO. Coa natureza non se xoga, é algo moi serio que afecta a todo o mundo. Pois aínda que o noso cole vai cambiar de imaxe, e vai ser bó e bonito, tamén vai ser moito máis respectuoso co medio ambiente. Imos estar máis quentes, e mellor iluminados gastando moitos menos recursos. EFICIENCIA ENERXÉTICA que se chama!!


En que lle afecta todo isto a Carola e á Biblio??

Pois que o espazo da biblio vai ser usado como clase. Moitas e moitos de vós pasaredes por alí durante este curso, mentras duren as obras nas vosas clases. 

Despois de moito pensalo, Carola decideu que porque vós veñades ela non ten que marchar. Seguirá a vivir na súa Biblio e alí recibirá e atenderá ás visitas.

Pero..., porque hai un pero, non poderemos usar a biblioteca como tal.

E mira que lle temos ganas!!!

porque dende a reforma e a pandemia, non puidemos gozar da nosa biblio coma antes. 

Despois de moito cavilar, Carola propón que sexa a Biblio a que vaia ás vosas clases. Levará os empréstitos de libros ás clases coa axuda de... 


pero iso é outro conto que contaremos máis adiante.

martes, 22 de xuño de 2021

TOPONIMIA NO PDI


 Como ven sendo costume, no Proxecto Documental Integrado de cada ano, adicamos un espazo concreto para a TOPONIMIA.

Neste caso imos prestar atencións aos LUGARES onde se miraba pola nosa saúde, aínda que non sempre houbera estudados da medicina.


Eran sitios onde había persoas de recoñecido prestixio que nos axudaban en pequenos problemas de saúde.

Menciñeir@s, compostoras,... 

 

Para anunciar esta actividade chegará ás casas unha nota como a que se atopa á dereita. No fondo hai uns SINALADORES que serán os que hai que cubrir, recortar e colocar no mapa da entrada do cole, se sabemos de alguén que curaba e o nome do sitio onde vivía.

Este traballo de toponimia é para recoller o nome dos lugares. Pero se tendes información sobre as persoas que estamos a traballar, non dubidedes máis e a COMPARTIR!!!

Todo sexa por coñecer mellor aos nosos veciños e veciñas. 

Pregunta, indaga, investiga... fai un pequeno traballo sobre esa persoa que "curaba" e envíao ao correo da biblio

bibliodecarola@gmail.com








RESULTADO DESTA ACTIVIDADE:

Mapa do concello da Estrada onde sinalamos

























As parroquias máis nomeadas foron:

TABEIRÓS
e
PARDEMARÍN










A "gañadora" absoluta foi a "Corva de Pardemarín", a señora Carmen.

E moitas grazas ás familias que aportaron pequenos traballos de investigación sobre Carmen Montoiro, algunhas con ilustracións: debuxos, fotos...







venres, 18 de xuño de 2021

Carola e Lingüereta QUEREN SABER. 3º A de primaria

 A primeira clase en constestar, a primeira pregunta en ser respostada... Dende xaneiro estaba á nosa disposición en RADIO CAROLA, pero xa van sendo horas de compartila no blog da Biblio.

A p`regunta é: O CASO É TER SAÚDE!! pero.., QUE É A SAÚDE?


venres, 11 de xuño de 2021

ANIMACIÓN en 6º B de primaria!!!

 A produción cinematográfica deste cole non para!!!!


As nenas e os nenos de 6º B de primaria fixeron un feixe de curtas de animación que de seguro nos gustarán...

E nos gustarán...

E nos gustarán...

Porque con velas unha soa vez non abonda, e senón xa contaredes...



mércores, 9 de xuño de 2021

Carola e Lingüereta QUEREN SABER. 2º A de educación PRIMARIA

 Carola e Lingúereta tiñan unha dúbida curiosa, querían saber...


O CONFINAMENTO NA ALDEA...

BOA OU MALA SORTE?

Mirade o que viviron e o que contaron as nenas e os nenos de 2º A...


RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

 Chega o tempo das vacacións, xa ule a caloriño e salitre...

E un ano máis as bibliotecas PLAMBE do concello da Estrada puxémonos dacordo para facervos chegar propostas de lectura para todas as idades...

Este que aparece aquí debaixo é o cartel que recolle todas as recomendacións feitas polas bibliotecas, así como as fantásticas librarías da nosa vila, onde poderedes mercalos.


Para axexar máis polo miudo, tamén contamos co tríptico que nos ofrece máis información



luns, 7 de xuño de 2021

Carola e Lingüereta QUEREN SABER. 2º B de educación PRIMARIA

 Nestes tempo en que a saúde é algo que nos preocupa tanto, as nenas e os nenos de 2º B traballaron para saber 


A cantos sitios podes ir ao médico na Estrada?

 


Carola e Lingüereta QUEREN SABER. 3º C de educación PRIMARIA

 A clase de  3º C tamén afondou en:


PANDEMIAS AO LONGO DA HISTORIA



Carola e Lingüereta QUEREN SABER. 3º B de educación PRIMARIA

 As nenas e os nenos de 3º B de primaria fixeron do evidente o seu traballo de investigación.


Por que pensades que

Carola e Lingüereta chamaron ao proxecto deste ano

SAUDIÑOS E SAUDIÑA? ?


Carola e Lingüereta QUEREN SABER. 6º B de educación PRIMARIA

 Son maiores estes nenos e nenas de 6º de primaria. Por iso se encargaron dun verdadeiro traballo de investigación:


COMO SE ADAPTARON AS ESCOLAS DO MUNDO Á COVID-19?


É un documento extenso, como extensa foi a súa actividade. Hai moitas horas detrás deste documento que nos presentan:


Carola e Lingüereta QUEREN SABER. 5º A de educación INFANTIL

 A clase de 5º A de Infantil atreveuse cunha pregunta ben difícil:


CANDO SE INVENTARON AS VACINAS?


E a pesares desa dificultade, parece que deron boa conta do traballo e ofrecen unha resposta moi interesante.


xoves, 3 de xuño de 2021

DÍA - SEMANA - MES DO LIBRO 2021

 Abril é o mes do LIBRO. 

Neste curso non puidemos facer grandes celebracións, recibir autoras, contacontos... como viña sendo costume. No noso cole fixéronse celebracións por clase, por nivel ou por ciclo. 


Os máis peques de primaria contaron nun gran mural cales eran os seus LIBROS FAVORITOS.


 

As dúas clases de 5º expresaron Que é un libro para ti? en pequenos debuxos individuais que aparecen no seguinte vídeo.



venres, 7 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021 - XELA ARIAS, NENA QUE ESCRIBE

As Letras Galegas de 2021 están adicadas a Xela Arias. Autora, escritora, tradutora. 
No CEIP de Figueiroa queremos render homenaxe á Xela nena. Temos a gran fortuna de dispoñer dun conto que escribeu cando era pequena: A FRAGA DOS PAXAROS FALADORES E A FRAGA LEOPARDICIA.

Este conto ten a súa versión ANIMADA.

As tres clases de 4º de primaria participaron no proxecto de formación que A Biblio de Carola programou ao abeiro do plan de Biblioteca Creativa. Un curso de animación que imparteu a empresa Gingko, onde traballaron a animación 2D e 3D. 

O texto de Xela Arias divideuse en tres partes, para que cada aula se centrara nunha porción da historia:



4º B preparou a parte "real" da historia: como xorde a idea de facer a viaxe dende a súa casa


 4º A levounos de paseo pola fraga dos paxaros faladores


4º C achegounos a unha  exuberante fraga leopardicia



Aquí está o traballo realizado. Desfrutade!!!





martes, 4 de maio de 2021

Carola e Lingüereta QUEREN SABER. 6º A de Educación Infantil

A clase de 6º A de Infantil tiña que atender a:


O seu traballo é unha infografía:




Carola e Lingüereta QUEREN SABER. 5º B de Educación Infantil

 

A pregunta á que tiña que respostar 5º B de Infantil en QUEREN SABER, é:



Aquí queda o resultado do seu traballo, o seu vídeo:



xoves, 25 de marzo de 2021

ESTÁN A CHEGAR OS PRIMEIROS DICIONARIOS TEMÁTICOS

PARABÉNS a 6º B de Infantil e 3º A, 3º B 3 5º B de Primaria por ofrecer os vosos 

DICCIONARIO DE 6º B DE INFANTIL



DICCIONARIO DE 3º A DE PRIMARIA


DICCIONARIO DE 3º B DE PRIMARIA


DICCIONARIO DE 5º B DE PRIMARIA


 Como xa é costume nos PDI que traballamos cada ano, os DICIONARIOS TEMÁTICOS son un referente. Semellan só un listado de palabras ordeadas alfabéticamente, pero son MOITO MÁIS!!!

Tanto polas temáticas que abordan como polo tratamento que cada clase, familia ou nen@ fai do seu traballo, nunca deixan de sorprendernos.


Xa están compartidos AQUÍ.

Pero xa sabedes que podedes acceder a eles e a toda a información sobre o noso PDI "Saudiños e Saudiña", dende a pestana deste blog que se chama PDI.



xoves, 18 de marzo de 2021

CHEGAN @S DE 6º ALUMEANDO!!!

 Un ano máis as mozas e mozos de 6º de primaria deixáronnos a tod@s pampos cos circuítos eléctricos que fixeron. 

Para que vexades...



SAMAÍN 2020

 



martes, 16 de marzo de 2021

FARO DA ESCOLA: charlas con escritoras/es

 

Programa de Faro de Vigo e Edicións Xerais que achega ás persoas creadoras de historias ao noso alumnado.

Varias clases do noso centro participarán nalgunha destas charla.


Feliz lectura e feliz contada!!


CHARLAS AUTORES by Maria Blanco Corral on Scribd

mércores, 17 de febreiro de 2021

CIENTÍFICAS

 Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2021, FARO DE VIGO convídanos o día 18 ás charlas de mulleres científicas que exercen o seu oficio na actualidade e que explicarán como foi o camiño para chegar ao posto que ocupan na actualidade.


As convidadas son as investigadoras Marta López Cabo e Eva Balsa-Canto, do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). A moderadora será Luisa Martínez, responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia.

Agardamos que as clases participantes disfruten e compartan con nós a súa vivencia.

sábado, 6 de febreiro de 2021

ENTROIDO 2021: Saudiños e Saudiña do noso XENERALIÑO


PARA CELEBRAR O ENTROIDO DESTE ANO, QUEREMOS RENDER UNHA PEQUENA HOMENAXE A TODAS AS HEROÍNAS E HEROES QUE NOS AXUDARON NOS TEMPOS DE CONFINAMENTO, E SEGUEN AÍ DÁNDOO TODO!!!

AUTÉNTIC@S

HEROÍNAS E HEROES


ESTES SON OS MANDADOS DO Xeneraliño PARA A SEMANA DO ENTROIDO