luns, 25 de febreiro de 2013

MIÑAS PRENDAS DA IALMA....VAMOS BEBENDO!!


Festexamos o día de Rosalía cun traballo colaborativo desenvolvido por todo o centro que queremos compartir con todos.

martes, 19 de febreiro de 2013

NAVEGAR NA REDE



Mª Olga Rodríguez Díaz (CEIP Milladoiro. Malpica) e Charo Sánchez Gabriel (IES Sánchez Cantón. Pontevedra) responsables das bibliotecas dos seus centros poñen á nosa disposición un material de grande interese. ¿Como buscar na rede de forma eficiente?. Dende aquí agradecemos o seu traballo ao que lle podemos sacar moito partido.


luns, 18 de febreiro de 2013

REVISTA PREBE


O IES Manuel García Barros acaba de donar á nosa biblioteca tres exemplares do número 1 da revista PREBE. Nela recóllense os traballos do alumnado de Bacharelato de Artes Plásticas durante o curso 2011-2012. Para nós é un pracer recibila porque ademais entre os autores contamos con ex-alumnos do centro.Lede con atención e atoparédelos. Parabéns por un traballo ben feito e grazas por achegárnola. Dende XA na vosa biblioteca.



XOGOS DO MUNDO

¡Xa temos na nosa biblioteca os taboleiros cos XOGOS do MUNDO! En total son doce xogos diferentes de distintas partes do mundo e contamos con tres taboleiros por xogo. A nosa intención é potenciar a interculturalidade e aprender a manexar os textos coas instrucións para aprender a xogar... E por suposto XOGAR.
Esta ludoteca é posible grazas á ANPA que asumiu a impresión dos mesmos, á arquitecta Dª Monica Neira Mato, encargada do deseño e a Dº Francisco Barcala Calvo, o noso conserxe, a quen debemos o enmarcado. Se queredes saber mais deles clicade na dirección do centro e atoparedes máis información.