CAROLA..., SEMPRE CAROLA

CAROLA..., SEMPRE CAROLA

sábado, 23 de maio de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Os 5 centros PLAMBE da Estrada, recomendamos as seguintes lecturas, nas que hai novidades, pero tamén algún clásico.

Agardamos sexan ben recibidas..

GRAZAS familias por estas PITAS BAIXO A CHOIVA

É un auténtico pracer presentar este traballo feito polas familias da clase de 5º A de Infantil. A distancia non puido con elas e fixeron un traballo técnicamente perfecto, gráficamente impecable e sentimentalmente... uff, difícil de describir, porque despertou nas persoas que o vimos unha tenrura e un orgullo!

No ano en que se adica o Día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero, escolleron o conto de "As pitas baixo a choiva" para poñer as voces das nenas e dos nenos, que venceron as distancias xeográficas e se aunaron para formar unha peza tan fermosa.

Moitísimas grazas por facelo e moitísimas grazas por compartilo.




luns, 18 de maio de 2020

17 de maio QUEREMOS (necesitamos) GALEGO MÁIS QUE NUNCA!!



No mes de maio, cando o cole se enche de celebracións e conmemoracións... non vamos permitir que deixe de ser así. Así que de tanto que se encheu o cole bota por fóra e chega ao mundo mundial.

A nosa lingua e a figura de Carvalho Calero espallada por todo o mundo a través da proposta realizada polo profe Jorge coa colaboración do Equipo de Biblitoeca e do Equipo de Dinamización Lingüística.



Bravo Jorge!!

Tamén hai que agradecer á Real Academia Galega e ao Seminario Galán os esforzo por un materiais tan ben elaborados, e tan atractivos!!

E moi especialmente ao grupo musical "LOS LIMONES" por darnos permiso para empregar o seu tema "Ferrol", a cambio da ligazón.




"El leñador honrado" por IVÁN SANMARTÍN


Parecía que xa rematara a entrega de audiocontos, pero.... NON!!!

Aquí temos un novo recén chegado na voz de IVÁN SANMARTÍN, de 6º B.

Grazas Iván por facer que disfrutemos novamente e pola túa escolla dun conto tan ilustrativo...




Música de acompañamento de Jesse Gallagher "Divine life society" (audiolibraría de Youtube)





EL LEÑADOR HONRADO

En una humilde casita del bosque vivía un leñador con su esposa y sus pequeños hijos.
Cada mañana, en cuanto amanecía, el leñador salía de casa, cargado con su vieja hacha, a cortar leña y volvía ya entrada la noche.
Un día mientras andaba cortando leña cerca del río se le escurrió el hacha y se hundió en el  aguas.
¡Pobre leñador!
-¿Qué voy a hacer ahora? – se lamentaba llorando amargamente-.
¿Qué van a comer mis hijos?
De repente apareció entre las aguas una ninfa, que con voz muy dulce le preguntó: 
Ler máis »

mércores, 6 de maio de 2020

ANTÍA e ROI de 5º A de primaria cumpliron o seu reto: "30 DÍAS, 30 FOTOS"



Antía e Roi, Roi e Antía souberon quitar proveito do tempo aínda estando lonxe... Porque estar lonxe non sempre é estar separados... Eles amósano moi ben nestre vídeo.

QUE FERMOSO!!!


"O coelliño branco"


ADELAIDA conta, ben contada a historia publicada por Kalandraka, que foi creada por Xosé Ballesteros e ilustrada por Óscar Villán.

Música de fondo: Dance for Wind Trio de SIR CUBWORTH da audiolibrería de Youtube.


Lembrade que temos o texto debaixo para poder ler e aquí queda un LIM do COELLIÑO BRANCO, feito por unha vella amiga do cole, Belén Junquera, para xogar...







O COELLIÑO BRANCO

Xosé Basllesteros
Óscar Villán

Era unha vez un coelliño branco.
Un día foi buscar coles á horta para facer un caldiño.
Cando o coelliño volveu á casa, atopou a porta pechada e petou.
-Quen é?-preguntou un vozarrón dende dentro.
-Son eu, o coelliño branco que fun coller coles a horta e vou facer un caldiño.
-Pois eu son a cabra cabresa e, como non marches, sáltoche enriba da cabeza.
O coelliño foise de alí correndo a présa.
Andando, andando, o coelliño atopou un boi e pediulle axuda.  Ler máis »

martes, 5 de maio de 2020

PROXECTO ELBE de lectura dixital.


A Biblio de Carola participa no proxecto ELBE de lectura dixital
Trátase dunha plataforma que recolle na actualidade case 1500 volumes, de todo tipo revistas, ficción, narrativa, histórico, audiolibro...  para todas as idades.

Para rexistrarse hai que entrar  na web: http://bega-elbe2.edu.xunta.es/opac/?locale=gl#indice  e introducir os datos no apartado “Conta” ou "Mi cuenta". 
Este enlace está sempre visible na columna dereita deste blog. 

Cada neno e nena recibirá por parte da súa titora, o USUARIO e CONTRASINAL para o rexistro. O contrasinal poderás cambialo, se queres despois de rexistrarte. Pero se o fas, lembra ben o que escolliches!

Presta atención á información que está na imaxe, así saberás como escoller lecturas, e sobre todo, como usar correctamente a plataforma.




Imaxes moi valiosas do díptico elaborado polo Equipo de Biblioteca do CEIP Víctor Sáenz de San Cosme de Antes (Mazaricos)






 Moitas sorte nesta nova viaxe lectora!!



domingo, 3 de maio de 2020

"O Galo Quirico"




A profe MONTSE, ISAAC, ROI e BRAIS de 6º B, lévannos de voda.

... ou non?

Porque todo o mundo sabe que co peteiro emporcado non se pode ir.

... ou si?



Escoitade e veredes.





MÚSICA:
Brandenburg Concerto No4-1 BWV1049 - Classical Whimsical de Kevin MacLeod está protexido baixo unha licenza Creative Commons Attribution (https://creativecommons.org/licenses/by/4.0/)
Fonte: https://incompetech.com/music/royalty-free/index.html?isrc=USUAN1100303
Artista: https://incompetech.com/





O CONTO DO GALO QUIRICO
QUE QUERÍA IR Á VODA DO TÍO PERICO

Este conto que vos vou contar vai do galo máis festeiro de todo o galiñeiro. Éche o conto do galo Quirico que ía para a voda do tío Perico.
Chegouche o día da voda e o noso galo ergueuse moi cedo. Lavouse, arranxou as plumas... ¡púxose como nunca se puxera! ¡Todo elegante! ¡Daba gusto velo! Pouco a pouco foise indo pola corredoira que levaba á casa do seu tío Perico.
Cando xa levaba un bo cacho andado viu de súpeto, xusto no medio da corredoira, unha gran bosta de vaca cun verme color rosa enriba. ¡Que delicia! ¡Que apetitoso! E entón chega a dúbida:    
Ler máis »