CAROLA..., SEMPRE CAROLA

CAROLA..., SEMPRE CAROLA

mércores, 6 de maio de 2020

"O coelliño branco"


ADELAIDA conta, ben contada a historia publicada por Kalandraka, que foi creada por Xosé Ballesteros e ilustrada por Óscar Villán.

Música de fondo: Dance for Wind Trio de SIR CUBWORTH da audiolibrería de Youtube.


Lembrade que temos o texto debaixo para poder ler e aquí queda un LIM do COELLIÑO BRANCO, feito por unha vella amiga do cole, Belén Junquera, para xogar...







O COELLIÑO BRANCO

Xosé Basllesteros
Óscar Villán

Era unha vez un coelliño branco.
Un día foi buscar coles á horta para facer un caldiño.
Cando o coelliño volveu á casa, atopou a porta pechada e petou.
-Quen é?-preguntou un vozarrón dende dentro.
-Son eu, o coelliño branco que fun coller coles a horta e vou facer un caldiño.
-Pois eu son a cabra cabresa e, como non marches, sáltoche enriba da cabeza.
O coelliño foise de alí correndo a présa.
Andando, andando, o coelliño atopou un boi e pediulle axuda.  Ler máis »
-Eu son o coelliño branco e fun buscar coles á horta. Volvín á casa para facer un caldiño pero nela está a cabra caburra que me salta enriba e me espaturra. Queres vir comigo?
-Eu non, eu non vou, que teño medo-dixo o boi mentres marchaba.
O coelliño seguiu andando e atopou un can.
-Eu son o coelliño branco e fun buscar coles á horta. Volvín á casa para facer un caldiño pero nela está a cabra cabraza  que me salta enriba e me esmagaza. Queres vir comigo?
-Eu non, eu non vou, que teño medo-dixo o can mentres marchaba.
O coelliño seguiu andando e atopou un galo.
-Eu son o coelliño branco e fun buscar coles á horta. Volvín á casa para facer un caldiño pero nela está a cabra cabralla  que me salta enriba e me escangalla. Queres vir comigo?
-Eu non, eu non vou, que teño medo-dixo o galo mentres marchaba.
O coelliño seguiu andando cada vez máis triste sen esperanza de poder volver á casa. Pero atopou unha formiga que lle preguntou:
-Que che passa coelliño branco?
-Que fun buscare coles á horta. Volvín a casa para facer un caldiño pero nela está a cabra cabruxa que me salta enriba e me esbabuxa.
-Pois eu vou contigo-dixo a formiga-. Non lle teño medo a unha cabra caprina.
E os dous volveron e petaron á porta.
-Aquí ninguén entra- dixo un voceirón dende dentro. Xa está a cabra cabresa que vos salta enriba da cabeza se non marchades á présa.
E dixo a formiga:
-Pois eu son a formiga rabiga.
Como non abras fúroche na barriga.
Ä cabra cabrisa deulle un ataque de risa.
Entón a formiga rabiga entrou polo burato da pechadura, achegouse á cabra e zas! Meteulle unha picada no bandullo.
A cabra fuxiu coma un foguete dicindo.
-Eu son a cabra cabresa e  a esta casa non volvo porque non me interesa.
A formiga rabiga abriulle a porta ao coelliño branco.
Coas coles fixeron un caldiño, comérono e a min non me deron porque non quixeron.

Ningún comentario:

Publicar un comentario