martes, 19 de xuño de 2018

A MÚSICA NA MIÑA VIDA. The Cats

Uxía e Noa de 6º A de primaria, subena o escenario e a pesares de ser a ultimísima actuación deste curso, foron quen de innovar.
Cantaron e a súa voz sonou por riba da canción de Morat e Juanes "Besos en guerra".
Que gusto escoitalas e comprobar que hai tan "bo rollo".
Moitas grazas e parabens!!!




sábado, 16 de xuño de 2018

A MÚSICA NA MIÑA VIDA. As Duras


"Dura" é o títula da canción de Daddy Yanquee que dá nome a este trío de nenas "AS DURAS". O que parecía ser a derradeira actuación do Recanto da MÚSICA NA MIÑA VIDA (parecía pero non...) ocupou o salón cun forte ritmo e moitas ganas. Actuación moi intensa. Duros Parabens!!






A MÚSICA NA MIÑA VIDA. As Únicas


Queda máis que demostrado que a música é moi importante na vida de Jenny. Neste caso repiteu cunha mini-pandi fantástica formada por nenas de 1º e 2º. A tremenda sintonía e bó rollo que hai entre as ÚNICAS, quedou de manifesto nesta interpretación de "La cintura" de Álvaro Soler.






A MÚSICA NA MIÑA VIDA. Súper Estrelas


Lara, Adelaida e Noa, veteranas xa do escenario da Música na miña vida, bailan hoxe con Lía, Noa e Lola. 3 nenas de 4º B con 3 nenas de 1º C. "Échame la culpa" de Luis Fonsi e Demi Lovato sirve de base para unha coreografía de baile e acrobacias.




xoves, 7 de xuño de 2018

MOSTRA DE TEATRO "Olimpio Arca Caldas"



Por un despiste imperdonable non fixemos entrada no blog deste evento no seu momento. Antes de que remate o curso queremos correxer este erro.



Na II Mostra de Teatro "Olimpio Arca Caldas" organizada pola A.C. Vagalumes, o noso cole tivo unha colaboración moi especial, artellada dende o Equipo de Dinamización Lingüística, onde Carmen e Lingüereta traballan arreo. A Biblio de Carola colaborou encantada con esa iniciativa e non podemos deixar escapar este curso sen darlle a difusión que se merece.









Aquí queda o vídeo realizado pola A.C. Vagalumes sobre a intervención do CEIP de Figueiroa



Unha mostra de momentos da nosa intervención:








O fío condutor desta montaxe foi unha imaxe tan evocadora coma esta:

mércores, 6 de xuño de 2018

A MÚSICA NA MIÑA VIDA. Súper dezaoito



O grupo de 5º A case ao completo, ofrece unha coreografía acompañada de "Friends".

Dá xenio velos a todas e todos!!




martes, 5 de xuño de 2018

A MÚSICA NA MIÑA VIDA. Os cracks


Antía e Xián, unha parella peculiar que ocupa o salón para ofrecer unha mostra de coreografía e acrobacias, medio en broma, medio en serio.
Foron quen de errar para provocar o riso do público, e quen de obter o aplauso espontáneo cando ofrecían exercicios ben realizados. Unha actuación con moito feedback, moi interactiva. Parabens Cracks!!








A MÚSICA NA MIÑA VIDA. Sete estrelas



Aínda que nun principio se anunciaran coma 8 Estrelas, o día da actuación apareceron 7. Que bo xogo de palabras podía da SETE ESTRELAS, SE TE ESTRELAS....


En fin, de novo as nenas de 3º A presentan outro espectáculo (e non será o derradeiro!).


Coa canción "Girasoles" de Rozalén, admiramos coreografías e acrobacias!!!





luns, 4 de xuño de 2018

Xa se pode ver o vídeo de SÚPER 10

Desculpade pero na biblio non nos decatamos que non se vía o vídeo,

Para que non volva pasar, que tal se avisades a alguén do Equipo da biblioteca para que o arranxe?

Graciñas a Gloria, que deixou o aviso nun comentario (aínda que tardamos
en velo...)

domingo, 3 de xuño de 2018

A MÚSICA NA MIÑA VIDA. As Invisibles



O tema de Malú "Invisible" dá nome a estre trío de nenas de 3º A, Carolina, Carla e Antía, que se fan chamar AS INVISIBLES.

A pesares da presentación de Sarela onde anunciaba que non amos ver nada porque son insivibles, si que vimos moito. Vimos unha coreografía preciosa que amosaba, sobre todo, a tres amigas.

Moitas grazas.




A MÚSICA NA MIÑA VIDA. As dúas bailarinas



Dúas bailarinas, dúas irmás, Lara e Lía de 4º e 1º de primaria, ocupan o salón de actos cun feixe de coreografías que nos abraiaron.

Que despregue de sincronización e empatía.

Noraboa bailarinas!!




A MÚSICA NA MIÑA VIDA. As dúas incribles



Unha nova demostración de ximnasia artística. Son dúas nenas de 3º A de primaria, Antía e Nerea. De novo a canción de "Lo malo" de Ana e Aitana Guerra, que a pesares de escoitala xa moitas veces, non deixan de sorprendernos cada unha das interpretacións que fai o noso alumnado.
Parabens e moitas grazas Nerea e Antía.