mércores, 26 de setembro de 2018

UN COLE QUE ARRECENDE A MAR!!!

Este curso, cando chegamos ao cole de Figueiroa atopamos unha sorpresa!!

Non estaba claro se o mar estaba no noso colexio ou que o colexio estaba no mar...

1ª sorpresa: o camiño da entrada ao cole estaba cuberto



Nesa pérgola penduraban bandeiriñas moi mariñeiras
No xardín, que semellaba un mar verde, repousaba unha barca

Onda a barca había un faro, da barca colgaba unha rede
A entrada estaba cuberta dun ceo de redes

No centro presidía un enorme faro, que alumeaba!!!




Unha balea enorme gardaba dentro o corredor de Infantil



A crón da balea, un mar rebosante de barcos. E en cada barco todas as nenas e nenos de cada clase.

Cestas, boias e redes por todas partes
Unha sera e un sereo, non perden detalle de todo o que acontece
E un polbo quedou atrapado na porta do almacén





Con este faro vai ser difícil perder o rumbo

NOVO CURSO, NOVO PROXECTO



Ola amiguiñas e amiguiños! Canto tempo sen vervos... eh? Moito vos botei de menos! Claro, tardastes tanto! Menos mal que estando na biblioteca, nunca me faltou un libro para ler!



- Estaremos alucinando?
Eu pensaba nas vosas vacacións, en como o estariades pasando na praia, refrescándovos coa auguiña do mar... E dicíallo tamén á miña amiga Lingüereta, que tampouco para de darlle á lingua... Hum! Canto me gustaría poñer un bañador de galiña, que seguro que os hai, e darme un chapuzón ou unha volta nunha barquiña azul e branca, entre os reflexos das ondas que veñen e van... e nós as dúas, que sei que a ela tamén lle gusta mollarse cando da lingua galega se trata. O caso é que un día que cambiei de sitio para que limparan o po, crin que estaba tendo unha alucinación: vin unha barca no medio do xardín do cole! 



Chamei á miña compañeira porque pensei que o calor do verán me fixera ver cousas que non existían e ela VIU O MESMO! Era certo, pois as dúas non podiamos ter o sentido alterado!


 
Con moito traballiño abrimos a porta da entrada e conseguimos achegarnos ata alí. Que bonitiña era e tiña unha rede e todo! Asexamos para adentro e achamos un libriño que poñía CADERNO DE BITÁCORA e no seu interior un sobre que dicía:





Queridas Carola e Lingüereta, tanto pensastes no mar durante o verán que vos deixo aquí dous elementos imprescindibles para comezar a navegar neste curso: unha barca e un caderno de bitácora para que vaiades anotando tódalas vosas aventuras mariñeiras. Que teñades unha boa singladura.

Asinado: ....?

Quedamos abraiadas! Que ben! Seguro que nesta viaxe imos atopar moitas cousas interesantes: dende coñecer o mar propiamente dito á vida da xente que traballa nel, ata pensar que nos asusta del ou o seu papel no desenvolvemento da humanidade; iso si, sempre que non se atasque o noso barco a causa da contaminación do fondo e da superficie mariña.

No caderno de bitácora iremos deixando constancia das actividades que levaremos a cabo durante a nosa viaxe e que nos permitirán descubrir un mundo novo inmenso e descoñecido que está agardando polas mariñeiras e mariñeiros de Figueiroa.

Nós as dúas, Lingüereta e Carola estamos desexando comezar a navegar polas augas do curso 2018-19 cun mar de cousas interesantes.


Comeza   AMAROMAR


Por certo, quen asinaría a carta?
Quen nos deixou os agasallos?