mércores, 21 de decembro de 2022

CALENDARIOS de CINE para 2023

 Xa temos a nova entrega de calendarios para o próximo ano.

Para esta ocasión pedimos, que en pequenos grupos, representaran diferentes emocións que podían transmitir diferentes xéneros cinematográficos.


LUCES, CÁMARA..... ACCIÓN!!!











 

venres, 16 de decembro de 2022

OBRADOIROS NO RECREO A TOPE!!!

Vistas xerais da nosa biblioteca nos recreos




 















xoves, 15 de decembro de 2022

No Nadal, na túa carta aos Reis, un libro tamén!!

 Un ano máis achegamos as RECOMENDACIÓNS LECTORAS que escolleron as bibliotecas PLAMBE dos CEIPs do concello da Estrada.

Dende Codeseda, Vea, Foxo e A Estrada, presentamos unha escolla de libros para diferentes idades.

Aparecen, como non podía ser doutro xeito, cun formato cinematográfico que da boa conta do PDI que estamos a traballar no cole neste curso.




Aquí queda tamén o CARTEL que se vai enviar ás librarías do noso pobo, que é onde agardamos sexan adquiridos os libros recomendados.




luns, 12 de decembro de 2022

NA BIBLIO ANDAN POLAS NUBES...

 Non hai límite para as persoas que veñen "traballar" á biblio nos recreos. No día de hoxe fixeron unha torre tan alta, tan alta, que ata un dos nosos alumnos máis altos tivo que botar man dun talliño para construír.



Se nos tiramos de cabeza, onde chegariamos?
Semella un túnel fantástico



venres, 9 de decembro de 2022

NOVEMBRO: mes da ciencia EN GALEGO

 As nenas e nenos de 6º A de primaria celebran en serio o omes de NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO.

Por iso estudaron, prepararon, expuxeron e representaron gráficamente unha ristra de


EXPERIMENTOS


que van compartir con nós, mediante estas infografías:






25N e poesía colectiva

 

As nenas e nenos de 5º B de primaria do CEIP de Figueiroa traducen e interpretan o poema de Pura Batista sobre a historia das irmáns Mirabal.

/

venres, 2 de decembro de 2022

MUNDIAL DE FÚTBOL e 25 N

 Neste espazo queremos compartir uns materiais que permiten traballar ao redor o Mundial de Qatar, dende unha perspectiva diferente.

Agardamos que gusten ás persoas futboleiras, pero sobre todo, ás persoas futboleiras respectuosas.




Para SABER MÁIS pódese consultar nas seguintes ligazóns: