martes, 5 de maio de 2020

PROXECTO ELBE de lectura dixital.


A Biblio de Carola participa no proxecto ELBE de lectura dixital
Trátase dunha plataforma que recolle na actualidade case 1500 volumes, de todo tipo revistas, ficción, narrativa, histórico, audiolibro...  para todas as idades.

Para rexistrarse hai que entrar  na web: http://bega-elbe2.edu.xunta.es/opac/?locale=gl#indice  e introducir os datos no apartado “Conta” ou "Mi cuenta". 
Este enlace está sempre visible na columna dereita deste blog. 

Cada neno e nena recibirá por parte da súa titora, o USUARIO e CONTRASINAL para o rexistro. O contrasinal poderás cambialo, se queres despois de rexistrarte. Pero se o fas, lembra ben o que escolliches!

Presta atención á información que está na imaxe, así saberás como escoller lecturas, e sobre todo, como usar correctamente a plataforma.




Imaxes moi valiosas do díptico elaborado polo Equipo de Biblioteca do CEIP Víctor Sáenz de San Cosme de Antes (Mazaricos)






 Moitas sorte nesta nova viaxe lectora!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario