xoves, 23 de novembro de 2017

25 de NOVEMBRO. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Igualdade



O sábado 25 de novembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

No CEIP de Figueiroa imos achegarnos a este problema, a partir de situacións reais nas que alguén se empeña en facernos diferentes, distintos e desiguais.Agora que está tan próximo o Nadal e con el os inevitables e agardados agasallos, imos fixar a atención nas ofertas de xoguetes.

TODOS QUEREMOS XOGUETES??
COÑECEMOS MOITOS XOGUETES?
SABEMOS PARA QUE SIRVEN OS XOGUETES QUE QUEREMOS?

Pois despois de ter claro esas cousiñas, miraremos polo miúdo como nos presentan eses xoguetes, facendo este TRABALLO EN EQUIPO. Tan só precisaremos catálogos de xoguetes e as fichas que aparecen a continuación:



Moitos destes xoguetes, moita publicidade, entra polos ollos. Na televisión dende onde máis publicidade nos chega.
Fixemos unha escolla entre diferentes anuncios publicitarios para traballar na clase.

Son 25 ANUNCIOS de XOGUETES.

É un TRABALLO EN EQUIPO, porque pensando entre varias persoas, pensamos máis e mellor.

Colocádevos en grupos de 4 ou 5. Trátase de ver o vídeo en clase e ir contestando a ficha que aparece a continuación. Entre anuncio e anuncio hai 5 segundos que poderedes aproveitar para parar o vídeo e adicar un pouco máis de tempo á pensar e contestar.







A modo de resume, deixamos aquí un vídeo que fixo The Huffpost, sobre o sexismo nos xoguetes. Recomendamos velo despois de facer o traballo de reflexión previo.



E como estamos no ANO DA MÚSICA, como non podía ser menos, durante o venres e o luns escoitaremos unha escolla de cancións que demos en chamar

25 de novembro no ano de MÚSICA, MÚSICAS


A CLASE DE 3 ANOS PEGA FORTE CO HEAVY!!

Durante esta semana escoitamos unha seleción feita pola clase de 4º A de Infantil.

O estilo musical:





A escolla que fixeron foi a que aparece neste vídeo:



As mañáns entraban con forza no noso cole!!!








Viva o HEAVY METAL. 

domingo, 19 de novembro de 2017

A MÚSICA QUE ESCOITAMOS CADA SEMANA... BAILAS??

Ola a todos. Como puidestes ver o noso cole está máis musical ca nunca.

Son tantos e tan variados os estilos que se están a traballar en todas as clases!!


Podemos coñecer máis de cerca cada estilo, cada música, grazas á nosa MÁQUINA DE DISCOS. Está situada na entrada do cole e no seu cadro de seleción podemos ir vendo que música escoitamos cada semana do que queda de curso.








Durante a semana pasada escoitamos CHARLESTÓN. Tratábase da escolla que fixo 1º A de Primaria e que vos deixamos a continuación.




A entrada ao cole, o recreo e a saída fixéronse dun xeito moooito máis animado. Daba xenio ver como ata os máis pequenos acodían ao patio movendo as cadeiras e os brazos. Podemos decir que o charlest´n foi do noso agrado.

E QUE NOS AGARDA PARA A SEMANA QUE COMEZA MAÑÁ?? Só podemos adiantar que a escolla musical corresponde a un dos grupos dos máis peques do cole: a clase de 4º A de Educación Infantil.

Van sorprender a máis dunha coa súa seleción!!

Mañá máis...