CAROLA..., SEMPRE CAROLA

CAROLA..., SEMPRE CAROLA

mércores, 20 de marzo de 2019

"ÁREAS MARIÑAS PROTEXIDAS"





“Áreas Mariñas Protexidas” é unha exposición elaborada polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia” (CEIDA) coa finalidade de achegar este concepto ao público e á sociedade.

Na exposición podemos atopar información sobre a situación actual das Áreas Mariñas Protexidas e outros temas arredor delas. Esta información estrutúrase en catro bloques:

· Recursos do mar

· Problemáticas de conservación

· A pesca en Galicia

· As Áreas Mariñas Protexidas




 Algunhas clases aproveitaron a exposición para facer unha visita moi polo miudo e comprobar o que ofrecía. 

Alumnado de 5º B de primaria tomando boa nota dos paneis.

Como mostra, aquí deixamos a foto dun dos paneis:





luns, 18 de marzo de 2019

Entroido AMAROMAR

Un ano máis a chegada do entroido non defrauda.

E SUBEU A MAREA ata o CEIP de Figueiroa deixando salitre, algas, cunchas e areas por todas partes.



A SEMANA DO ENTROIDO estivo completa de sorpresas.

Non faltaron os MANDADOS DO XENERALIÑO, que conseguiron que dende o luns ata o mércores nos convertiramos nu COLE PIRATA.






Este foi o cartel con que nos convidou o noso Xeneraliño a participar:




O xoves foi un día grande, cadaquen veu disfrazad@ do que máis lle prestaba. Com omostra deixamos imaxe dunha clase no salón de psicomotricidade con nenas e nenos de 3 anos:

Foi unha clase normal, coma de cotío, pero chea de fadas, superheroínas e superheroes, animais, vaqueir@s.....

Pero o venres... Ai o venres puxemos as mellores galas para dar conta do moito que se estaba a traballar.



UN COLE QUE SINTE AMAROMAR:


4º A - INFANTIL

4º B - INFANTIL

5º A - INFANTIL

5º B - INFANTIL

6º A - INFANTIL

6º B - INFANTIL

1º A - PRIMARIA

1º B - PRIMARIA

2º A - PRIMARIA

2º B - PRIMARIA

2º C - PRIMARIA

3º A - PRIMARIA

3º B - PRIMARIA

4º A - PRIMARIA

4º B - PRIMARIA

5º A - PRIMARIA

5º B - PRIMARIA

6º A - PRIMARIA

6º B - PRIMARIA

De todas e cada unha das actuacións realizamos vídeos. Non aparecen neste blog para evitar posibles problemas polo uso da imaxe do noso alumnado.



DÍA DE ROSALÍA 2019

Para celebrar o Día de Rosalía no ano en que traballamos o MAR, lemos e lemos moitos poemas de Rosalía de Castro. Despois de moitos traballos fixemos unha escolla de dous poemas para ser tratados en Educación Infantil e en Educación Primaria. O xeito de abordar os poemas foi como en moitas outras ocasións: repartimos os versos por clases, para que sexan ilustrados. Así ofrecemos estes dous traballos dos que nos sentimos moi orgullos@s.


EDUCACIÓN INFANTIL:

Foi a Páscoa enxoita


    Foi a Páscoa enxoita,
    choveu en San Xoán;
    a Galicia a fame
    logo chegará.

    Con melanconía
    miran para o mar
    os que noutras terras
    tén que buscar pan.







EDUCACIÓN PRIMARIA:


Del mar azul las transparentes olas

Del mar azul las transparentes olas
mientras blandas murmuran
sobre la arena, hasta mis pies rodando,
tentadoras me besan y me buscan.
Inquietas lamen de mi planta el borde,
lánzanme airosas su nevada espuma,
y pienso que me llaman, que me atraen
hacia sus salas húmedas.
Mas cuando ansiosa quiero
seguirlas por la líquida llanura,
se hunde mi pie en la linfa transparente
y ellas de mí se burlan.
Y huyen abandonándome en la playa
a la terrena, inacabable lucha,
como en las tristes playas de la vida
me abandonó inconstante la fortuna.




A las orillas del Sar.



xoves, 14 de marzo de 2019

UNHA LONGA VIAXE... cara a PAZ

Vai rematando xaneiro e o Día da Paz é un momento importante no curso escolar, ao que prestamos especial atención. No curso en que traballamos o PDI "Amaromar" os movementos migratorios que teñen lugar no medio mariño van ser os protagonistas.

Aproveitando un conto precioso que publicou Kalandraka, fixemos unha adaptación na que colaboraron moitos nenos e nenas do cole.




As imaxes que ilustran este conto son tan bonitas que non fumos quen de escoller. Empregamos todas e cada unha dos debuxos que narran as vivencias de dúas familias tan diferentes e tan iguais.

Para poder compartir este traballo puxémonos en contacto coa Editorial e ..., a continuación "pegamos" a súa resposta:

  • Antes de nada, darvos os parabéns polo voso traballo. Con respecto aos permisos que solicitades, Kalandraka non ten ningún inconvinte para que difundades o video, de todos os xeitos, faremos as xestións necesarias co autor e ilustrador para acadar tamén o seu permiso.

Radio Carola facilitou os medios para acadar o mellor dos resultados posibles. Repartíronse os papeis, escolléronse as músicas e...

 Así comeza a historia....


No ceo dalgún lado, dalgún país, de calquera sitio, íase iniciar unha viaxe a algún lado, a algún país e a calquera sitio… mellor. Aínda que isto non é de todo certo. Hai países que teñen sitios que quedan de lado e as viaxes aí son certamente difíciles pero necesarias.
O ceo azul coma o mar se non hai nubarróns, vístese de esperanza e da acubillo a quen pasea dende a terra e mira para el buscando un sopro de vento que o empurre tal vez para un lugar mellor. A veces isto é unha necesidade. Os paxaros libres saben que teñen que marchar, para despois voltar cando deixe de arrefriar, as persoas teñen que.. simplemente marchar coa idea de poder voltar algún día.
Acompañémolas pois na súa viaxe baixo o mesmo ceo e sobre a mesma terra.. a súa terra.




mércores, 13 de marzo de 2019

Neste Nadal, ENRÓLATE NOS LIBROS

Como xa é tradición, chega o Nadal e contamos cunha nova escolla de libros que recomendan as bibliotecas dos CEIPs da Estrada que forman parte do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares).



CALENDARIO DO ANO 2019



Carola e Lingüereta comezan unha nova singladura no ano que comeza.