23/24 UNHA ESCOLA DE BAILE
23/24 PDI "Un curso de campionato" FIGUEIROLIMPÍADAS
22/23 PDI "Un curso de cine"
![]() |
Premer na imaxe para acceder ao PDI |
21/22 PDI "Dándolle voltas ao mundo"
![]() |
Premer na imaxe para acceder ao PDI |
20/21 PDI "Saudiños e Saudiña
![]() |
Premer na imaxe para acceder ao PDI |
Este PDI
parte das necesidades manifestadas polo colectivo docente a través dun
cuestionario. Dada a situación que estamos a vivir de grupos burbulla, patios
separados, liñas no chan que indican por onde desprazarse... parece que o PDI
podería cumplir a función de xuntármonos e agasallarnos coa vivencia de seguir
formando parte dun grupo, dun colectivo. De ser comunidade.
A modo de síntese podemos decir que o que realmente nos preocupa é atopar o novo espazo onde poder interactuar, relacionarnos e seguir a conformar unha comunidade; pero sempre coa garantía de saber que temos que coñecer e facer para coidarnos. Sería, polo tanto, SAUDIÑOS E SAUDIÑA
19/20 PDI "COMO! como?"
Unha actividade tan cotiá como é ALIMENTARSE será o eixo central do curso 19/20 no CEIP de Figueiroa. Tentaremos ofrecer un amplo abano de posibilidades para dar resposta aos intereses que xurdan en cada persoa, clase, nivel, ciclo...
Alimentarse é unha acción conscente da que participamos todas as persoas. Buscamos facer da alimentación e dos alimentos un feito explícito sobre o que facer análises, investigar, reflexionar e, na medida do posible, modificar conductas e actitudes que nos axuden a ser mellores persoas no medio físico que nos tocou vivir.
18/19 - PDI "AMAROMAR"
O mar constitúe un elemento atractivo e suxerente por si mesmo… Chegar o primeiro día de clase, ao centro totalmente ambientado con elementos náuticos e mariñeiros é sinónimo de garantía de motivación e emoción.

A modo de resumo, expoñemos este mural que se fixo con motivo da asistencia da nosa biblio ao Encontro de Bibliotecas:
16/17 - PDI: ESTRADA DE ESTRADAS (II)
Este curso 2016/2017, por primeira vez na nosa historia, repetimos temática de traballo no PDI (Proxecto Documental Integrado).
E non ía ser menos!!! Trátase do noso concello, a vila e todas e cada unha das parroquias que o conforman.
O curso pasado dou para moito. A vila da Estrada foi a máis directamente estudada dende o noso centro e dende o noso centro colaborador, o IES Antón Losada.
Este curso, para ir abrindo boca, empezamos por algo sinxeliño:
Atendemos á clasificación que fixo Don Manuel Reimóndez Portela do concello e... cada curso encárgase dunha desas zonas.
Hai moita información que buscar e xa temos preparado onde haberá que depositala. Cada parroquia ten a súa PÁXINA colgada no CORREDOR DA ESTRADA
Ningún comentario:
Publicar un comentario