luns, 24 de xuño de 2024

SOMOS NUTRIOLÍMPICOS e chegamos á META

A todas as actividades desenvolvidas encamiñadas a sementar no noso alumnado ad bases para unha vida máis saudable, houbo que engadirlle unha novidade este curso: a reunión de acollida ás familias do alumnado que o vindeiro ano académico 24/25 serán escolarizados en 4º de Educación Infantil no noso centro contou coa visita dunha das pediatras e a hixienista dental do Centro de Saúde do noso Concello para falar, entro outros temas, da importancia de coidar a nosa alimentación en prol duns hábitos de vida saudables.



QUEREN SABER: Houbo Xogos Olímpicos en España? e en Galicia? en 2º B de primaria

 

A resposta elaborada por 2º B é un podcast que se pode escoitar premendo na imaxe de Radio Carola.



xoves, 20 de xuño de 2024

DESEÑO E IMPRESIÓN 3D

A aula de Audiovisuais do Espazo CreaTIvo da nosa Biblio de Carola foi o lugar de encontro do obradoiro de Deseño e Impresión 3D realizado polo alumnado de 5º de EP. Mostra desta experiencia, na que todos e cada un dos participantes tiveron a oportunidade de deseñar a súa propia medalla olímpica mediante o emprego do programa Tinkercad, foi recollida nun dos artigos incluidos na Revista Candeas.







QUEREN SABER: Cantas Olimpíadas houbo? en 5º A de primaria

 

mércores, 19 de xuño de 2024

Os RÉCORDS da Biblio de Carola

 


Mara de 3º A foi a persoa máis lectora deste curso!! Queremos, dende a Biblio, ampliar as felicitacións a Estela, a titora de Mara, porque todos eses préstamos foron realizados pola profe. 

Parabéns por esta aula e esta profe tan autónomas na xestión bibliotecaria!!


A nosa profe Carmen resultou ser a autora do libro máis prestado deste curso. Daquelo de que ninguén é profeta na súa terra, nada de nada. 

Cando Carmen publicou o seu libro, dende a Biblio fixemos a nosa pequena homenaxe con este cartel:



Grazas Carmen polo teu traballo e PARABÉNS pola boa acollida.




MARA, deporte e lectura

 Mara González Bravo, alumna de 3º A, é todo un exemplo!

No mundo deportivo non deixa de colleitar éxitos:



E a Biblio de Carola fíxolle entrega, diante de toda a súa clase do DIPLOMA á persoa máis lectora do noso cole:



PARABÉNS CAMPIOA!!!




luns, 17 de xuño de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Despois de todo un curso celebrando "FIGUEIROLIMPÍADAS", aquí quedan as recomendacións lectoras para o verán dos Xogos Olímpicos de París.


CITIUS, ALTIUS, FORTIUS!!





E como ven sendo costume, creamos o CARTEL  que repartiremos nas nosas LIBRARÍAS locais



FELIZ
VERÁN
OLÍMPICO!!!!



DICIONARIOS TEMÁTICOS

 Case a totalidade das clases realizaron a proposta do PDI de facer un dicionario temático de FIGUEIROLIMPÍADAS.

Para poder ver todos os dicionarios, hai que premer na seguinte portada:



E para saber que dicionario fixo cada clase, aquí queda esta táboa de rexistro:





sábado, 15 de xuño de 2024

SUPERHEROÍNAS DE CÓMIC

Atendendo á temática promovida este curso dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares, o CÓMIC, cada titoría investigou sobre unha Superheroína de Cómic e plasmou os seus resultados nun mural colectivo que se expuxo na entrada do noso cole.

Iniciativas deste tipo, que invitan á reflexión sobre os estereotipos de xénero e as actitudes machistas, resultan fundamentais para axudar a promover a igualdade de xénero e a combatir os prexuízos de xénero entre o noso alumnado.



Mostra dun dos modelos a cumprimentar polas titorías

mércores, 12 de xuño de 2024

ANDAINA, ROTEIRO... o caso é moverse



Estas nenas e nenos de 3º son incríbles!! Non pararon de facer, e facer, e facer. 

Despois de todo un curso sendo pioneir@s de moitas iniciativas do cole; puxeron o broche de ouro facendo unha ruta pola contorna do noso cole.

Nada mellor que facer algo tan sanote, aproveitando os recursos que temos máis a man.


 


  




 


luns, 10 de xuño de 2024

INTERXENERACIONAL: Trivial Olímpico

 Este ano quixemos contar coa colaboración especial das familias na creación dun TRIVIAL. Dado o PDI que se está a traballar, creáronse 6 categorías acordes coa nosa temática:


HISTORIA

XEOGRAFÍA

CIENCIAS

DEPORTISTAS

ARTE

ESPECTÁCULOS

Enviouse a casa a nota xa preparada para recoller as aportacións:


Todas as respostas foron incluídas nun PDF "especial" que xera as cartas do trivial, tal e como as coñecemos, a modo de exemplo presentamos unha tarxetA:







E coa impresora 3D, fixemos os queixiños e están agardando dos tarxeteiros e os dados.

Hai un erro, atopáchelo?

Pronto contaremos con este xogo perfectamente catalogado á nosa disposición na Biblio de Carola