xoves, 30 de abril de 2020

"Sete ratiños cegos" por SONIA

SONIA de 6º B trae unha historia tan bonita como útil.

A importancia de non apresurarse á hora de facer valoracións e xuízos poderá darnos unha visión da realidade moito mellor e máis exacta.

En voz de Sonia quedades con

"SETE RATIÑOS CEGOS" de Ed Young

Lembrade que acompaña o texto, por se alguén se anima a ler, antes, durante ou despois da escoita.






SETE RATIÑOS CEGOS de Ed Young

Un día sete ratiños cegos atoparon algo moi raro á porta da súa cova. Como non vían non sabían o que era e decidiron investigar.
O luns Ratiño Vermello foi pescudar. Era o primeiro que unha resposta quería atopar.
-É unha columna. Non hai dúbidas. -. Pero ninguén o creu.
O martes Ratiño Verde foi pescudar. Era o segundo e unha resposta quería atopar.
-É unha cobra. Non hai dubidas-. Pero ninguén o creu. 
Ler máis »

ANTÍA, rápida como a lebre ou constante como a tartaruga?

ANTÍA presenta un clásico, a fábula

A TARTARUGA E A LEBRE

Fábula atribuída a Esopo, posteriormente reescrita por outros fabulistas como Jean de La Fontaine e Félix María Samaniego.

Disfrutemos desta historia e da súa recomendable mensaxe....




A TARTARUGA E A LEBRE

Nun fermoso bosque vivía unha tartaruga moi fachendosa que de seguido se gababa de ser o animal máis veloz do bosque. E ademais burlábase seguido da tartaruga e da súa lentitude.

Un día, a tartaruga fíxolle unha sorprendente proposta:

- Lebre, serías quen de botar unha carreira contra min. Sempre me estás acusando de torpe e de lenta... pero eu estou segura de que podo ganarche.



As gargalladas da lebre resoaron por todo o bosque:

- Serás parva tartaruga? Ademais de lenta, parva. Pero ti o propuxeches. Imos botar esa carreira e vas quedar en ridículo diante de todos.  Ler máis »

martes, 28 de abril de 2020

CARLA e IRIA son quen de nos SACAR AS PENAS

Tamén de 6º B, IRIA e CARLA narran o conto de

SACAPENAS de Thomas BrowNe


Coma de costume, escoitemos con atención o conto e se queremos, podemos ir lendo no texto de abaixo.







SACAPENAS  DE ANTHONY BROWNE


Bieito sempre estaba preocupado.

Bieito preocupábase por moitas cousas…

Preocupábase polos sombreiros,

E preocupábase polos zapatos.

A Bieito preocupábanlle as nubes, Ler máis »

ROSA CARAMELO .... afouteza!!

CANDELA refréscanos esta historia tan bonita de Adela Turín que fala da elefanta Margarida. 

 Que valente é!!

Ou son!!

Margarida e máis Candela!!


Cando remates de escoitar o conto podes xogar nesta WEBQUEST!!








ROSA CARAMELO  de Adela Turín



Érase unha vez na terra dos elefantes ... un rabaño no que as elefantas eran lisiñas coma o terciopelo, tiñan os ollos grandes e brillantes e a pel de caramelo rosa. Todo isto debido a que, desde o día do seu nacemento, as elefantas só comían anémonas e peonías. E non é que lles gustasen estas flores: as anémonas -e peor aínda as peonías- teñen moi mal sabor. Pero si, dan unha pel rosa suave e grandes ollos brillantes.  Ler máis »

GRÚFALO por un quinteto de luxo!!

Pois alá, dende as súas casas, NOA MENDOZA, PABLO, NOA OTERO, MAURO e NOEL foron quen de poñer voz a cadansúa parte do conto de

"GRÚFALO" de Julia Donaldson e Axel Scheffler

É un bó xeito de demostrar que a intelixencia está por riba da forza e que o tamaño non sempre é tan importante.


Despois de escoitar o conto, poderemos seguir disfrutando do GRÚFALO se picas AQUÍ.








O GRÚFALO


Pola fonda e escura fraga paseaba un rato.

Pensou un raposo: -Que bo bocado!

-Onde vas, ratiño, meu querido amigo?

Ven ao meu tobo e come comigo.

-Moi galante, raposo, mais coido que non.  Ler máis »

GABRIEL ten coidado co lobo!!!

A merla está a pasalo mal por culpa dun lobo... Xa está!! non contamos máis...

É moito mellor escoitar a historia na voz de Gabriel. Que énfase!






 
O LOBO E A MERLA
Había una vez, hai moito tempo, unha merla que vivía nun carballo e tiña no seu niño catro merliños. Un día pasou por alí un lobo que levaba moita fame e, vendo a niñada, díxolle á merla:
- Merla, dáme un merlo.  Ler máis »

SILVIA marcha de voda!!!

SILVIA de 6º B convídanos a unha voda moi especial:

CASAN A PULGA E MÁIS O PIOLLO!!!

Fáltalles case todo..., 
pero non hai cousa que poida co amor!!!

ou si? 

MARRAMIAU!!




O PIOLLO E A PULGA QUERÍAN CASAR

O piollo e a pulga querían casar.
Non tiñan panciño para escomenzar.
Saíu a formiga do seu formigueiro:
– “Mandaime recado que eu son panadeiro.
¡Ai, miña vidiña, panciño xa temos!
Fáltanos carniña. ¿Onde a atoparemos? 

ÍKER viaxa con SIMBAD

ÍKER de 6º B lévanos por lugares maravillosos da man de Simbad...

Para escoitar, para viaxar!!!




LARA de 6º B cóntanos a historia de WANGARI


Lara achéganos esta bonita historia de Wangari e os seus árbores da Paz.

Ademais de escoitar a Lara, podemos ler a historia.

Como complemento a este fantástico traballo de Lara podemos xogar e aprender no LIM feito por Belén Junquera de "Wangari e as árbores da Paz", que se atopa ao final do texto.




WANGARI


Wangari vivía baixo as árbores, preto do monte Kenia en África. Polas mañás escoitaba o canto dos paxaros no bosque cando vai coa súa nai buscar leña para cociñar. Axudaba a cultivar batatas, cana de azucre e millo nun chan fértil. Alí medrou Wangari.

Gústalle moito estudar e gaña unha beca para ir a Estados Unidos.

Cando regresa ao seu fogar en Kenia despois de seis anos atopa o seu mundo cambiado. Que pasou?- pregúntase-. Onde están as árbores? Por que desapareceron?”  Ler máis »

venres, 24 de abril de 2020

6º B COMPARTE CONTOS para ESCOITAR e LER...

As nenas e nenos de 6º B non deixan de sorprendernos.

Agora toca pechar os ollos e deixarnos ir cos contos gravados por eles nas súas casas.


Se alguén quere pode acompañar a escoita coa lectura...




Imaxe de Kalandraka



O primeiro en chegar é o conto de   ROBERTO .

Trátase do conto "Rato Moi Alto e Rato Moi Baixo" do libro "Contos de ratiños" de Arnold Lobel.







RATO MOI ALTO E RATO MOI BAIXO
Había unha vez un rato moi alto e un rato moi baixo que eran grandes amigos. Cando se atopaban Rato moi alto dicía:
-Ola, Rato moi baixo!
E Rato moi baixo dicía:
-Ola Rato moi alto!
Os dous amigos ían pasear xuntos moitas veces.
Cando paseaban, Rato moi alto dicía:  Ler máis »

O CONTO QUE NACE DUNHA MOREA DE LIBROS...


Imaxe de Pxfuel


As nenas e nenos de 6º B, a clase da profe Montse, están a celebrar o DÍA DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL, dentro do que na Biblio de Carola demos en chamar o MES do LIBRO,
dun xeito moi especial. Anegado de creatividade e imaxinación e coa posibilidade de poder disfrutalos todas as persoas que entramos neste blog!!!



O encargo que tiñan era facer unha torre con libros
que teñen por casa
e escribir un conto a partir dos títulos.





 
As propostas recibidas de CONTO ESCRITO son de:

GABRIEL, BRAIS, NOA MENDOZA,
MAURO, CARLA, CANDELA,
ROBERTO, SILVIA e ADELAIDA



Tamén hai aportacións en vídeo de LARA, NOA OTERO e ANTÍA:



 
de LARA


 
 NOA OTERO



ANTÍA



DÍA - SEMANA - MES DO LIBRO


Para celebrar o día do libro neste curso con días raros, raros, imos cunha selección de CONTOS EN GALEGO.

Son contos que podemos:

- VER porque son vídeos
- ESCOITAR porque son audios
- LER porque son textos
- XOGAR porque son actividades LIM (Libro Interactivo Multimedia)