CAROLA..., SEMPRE CAROLA

CAROLA..., SEMPRE CAROLA

martes, 28 de abril de 2020

GRÚFALO por un quinteto de luxo!!

Pois alá, dende as súas casas, NOA MENDOZA, PABLO, NOA OTERO, MAURO e NOEL foron quen de poñer voz a cadansúa parte do conto de

"GRÚFALO" de Julia Donaldson e Axel Scheffler

É un bó xeito de demostrar que a intelixencia está por riba da forza e que o tamaño non sempre é tan importante.


Despois de escoitar o conto, poderemos seguir disfrutando do GRÚFALO se picas AQUÍ.








O GRÚFALO


Pola fonda e escura fraga paseaba un rato.

Pensou un raposo: -Que bo bocado!

-Onde vas, ratiño, meu querido amigo?

Ven ao meu tobo e come comigo.

-Moi galante, raposo, mais coido que non.  Ler máis »


Vou comer co grúfalo nesta ocasión.

-Un grúfalo? E iso que é?

-Un grúfalo! Non oíu nunca falar del?

-Ten arrepiantes cairos,

E arrepiantes garras

E dentes arrepiantes na arrepiante queixada.

-E onde dis que quedaches con el?

-Aquí no camiño ao arón destas pedras...,

E o seu xantar preferido é raposo á grella.

-Raposo á grella? Ai! -dixo o raposo.

-Adeus meu ratiño! E fuxiu presuroso.

-Este raposo é un paspán!

E non saberá que a historia do grúfalo a acabo de inventar?



Pero a este ratiño hai máis bechos que o queren comer. Son Pablo e vouvos dicir como sigue o conto.

Pola fonda e escura fraga seguiu o rato.

Pensou un moucho: -Que bo bocado!

-Onde vas, ratiño, meu querido amigo?

Ven ao meu niño e merenda comigo.

-Moi amable, moucho, mais coido que non.

Vou merendar co grúfalo nesta ocasión.

-Un grúfalo? E iso que é?

-Un grúfalo! Non oíu nunca falar del?

-Ten xeonllos broullentos,

E reviradas unllas

E no cabo do fociño unha horrenda espulla.

-E onde dis que quedaches con el?

-Aquí á beiriña deste regueiro...,

E o seu xantar preferido é moucho ao caldeiro.

-Moucho ao caldeiro? U-uuh! Debo marchar!

-Adeus meu ratiño! E botouse a voar.

-Este raposo é un paspán!

E non saberá que a historia do grúfalo a acabo de inventar?



Pero o conto non rematou. Así que eu son Noa Otero e seguirei coa historia do Grúfalo. Atentos, atentos! Que outro animal quere ao ratiño papar.

Pola fonda e escura fraga seguiu o rato.

Pensou unha serpe: -Que bo bocado!

-Onde vas, ratiño, meu querido amigo?

Ven ao meu niño  de leña a darte unha enchente comigo.

-Moi xentil, serpe, mais coido que non.

Voume dar unha enchente cun grúfalo nesta ocasión.

-Un grúfalo? E iso que é?

-Un grúfalo! Non oíu nunca falar del?

-Os seus ollos son roxos,

A súa lingua é negra coma o carbón

E ten espiñas moradas no lombo, que mesmo parece un dragón.

-E onde dis que quedaches con el?

-Xusto aquñi, por esta lagoa...,

E a súa comida favorita é revolto de serpe con pan de boroa.

-Revolto de serpe con pan de boroa? Hai que irse escondendo.

-Adeus meu ratiño! E marchou correndo.

-Esta serpe é unha paspana!

E non saberá que a historia do grúfalo é inventad...AAAhhhhh



E no máis emocionante o conto non vai quedar. Chámome Mauro e o conto sigue así..

-Quen é esa criatura con arrepiantes garras e dentes arrepiantes na arrepiante queixada?

Ten xeonllos broullentos e reviradas unllas e no cabo do fociño unha horrenda espulla.

Os seus ollos son roxos, a lingua é negra coma o carbón e ten espiñas no lombo, que mesmo parece un dragón?

Ai, mimá!!! Ai, que alguén me atenda!!! Que este grúfalo anda buscando merenda.

-O meu xantar preferido! -o grúfalo berrou.

Nunha rebanda de pan has estar ben bo!

-Bo? -dixo o rato-. Non me chame bo polo de agora!

Nesta fonda e escura fraga son a criatura máis estarrecedora.

Camiñe tras miña e verá:

Só ao mirarme, todos fuxirán.

-Ai si? – dixo o grúfalo, esmedrellándose de risa.

-Ti vai diante, que eu che sigo a pista.

Andaron e andaron, e o grúfalo dixo:

-Alí nesa herba escoito un asubío.

-É a serpe -dixo o rato-.Ola como lle vai?

A serpe viu o grúfalo e berrou: -Ai miña nai!

-         Adeus , ratiño – dixo e foise axiña.

E polo medio da leña escorregou lixeiriña.

-Viu? -dixo o rato-.Fuxiu ao verme diante.

E o grúfalo dixo: -Isto é abraiante!



Pero a historia continua así. Son Noel e vouna rematar.

Andaron máis, ata que o grúfalo dixo:

-Alí nesa árbore escoito un chío.

-É o moucho -dixo o rato-. Ola, como lle vai?

O moucho viu o grúfalo e berrou: -Ai, miña nai!

_U-UUUUUUHh – dixo- Adeus ratiño!

E voou cara ao alto ata o seu niño.

-Viu? -dixo o ratiño-. Eu xa llo dixen.

E o grúfalo dixo: -Isto é incrible!

Andaron máis, ata que o grúfalo dixo:

-Alí escoito pisadas no camiño.

-É o raposo-dixo o rato-. Ola, como lle vai?

O moucho viu o grúfalo e berrou: -Ai, miña nai!

_Adeus ratiño– dixo asustado.

E correu dereitiño ao seu furado.

O ratiño falou: -Grúfalo, ben pode ver

Que ao mirarme todos botan a correr

Mais a miña barriguiña roxe como sete leoas

E o meu xantar favorito é.... GRÚFALO CON FILLOAS!

-Grúfalo con filloas! -O Grúfalo murmurou,

E rápido coma o vento deu a volta e escapou.

Todo quedou quedo na fraga escura e fonda.

O ratiño atopou unha noz e a noz estaba boa.

E sorrindo meteuna na boca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario