CAROLA..., SEMPRE CAROLA

CAROLA..., SEMPRE CAROLA

martes, 28 de abril de 2020

GABRIEL ten coidado co lobo!!!

A merla está a pasalo mal por culpa dun lobo... Xa está!! non contamos máis...

É moito mellor escoitar a historia na voz de Gabriel. Que énfase!






 
O LOBO E A MERLA
Había una vez, hai moito tempo, unha merla que vivía nun carballo e tiña no seu niño catro merliños. Un día pasou por alí un lobo que levaba moita fame e, vendo a niñada, díxolle á merla:
- Merla, dáme un merlo.  Ler máis »


- Non, non cho dou que non quero.
Entón o lobo díxolle:
- Arrevírate meu rabo e tira con ese carballo.
A merla tivo tanto medo de que lle tirara o carballo que lle deu un merliño.
Ó pouco tempo voltou o lobo a por outro merliño e díxolle:
- Merla, dáme un merlo.
- Non, non cho dou que non quero.
- Arrevírate meu rabo e tira con ese carballo.
E a merla, chorando, deulle outro merliño.
Cando máis choraba a merla pasou por alí unha raposa e preguntoulle:
- Por que choras, merla?
E a merla contoulle o que lle pasaba.
A raposa, que era moi aguda, díxolle:
- Non fagas caso, burriña. Cando che volva o lobo dicir o mesmo, ti responde:
Os rabos dos lobos non tiran carballos, só os homes rexos con fortes machados.
Así fixo a merla e xa non lle deu máis merliños e o lobo marchou co rabo entre as pernas.
E colorín colorado, conto rematado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario