CAROLA..., SEMPRE CAROLA

CAROLA..., SEMPRE CAROLA

martes, 28 de abril de 2020

SILVIA marcha de voda!!!

SILVIA de 6º B convídanos a unha voda moi especial:

CASAN A PULGA E MÁIS O PIOLLO!!!

Fáltalles case todo..., 
pero non hai cousa que poida co amor!!!

ou si? 

MARRAMIAU!!




O PIOLLO E A PULGA QUERÍAN CASAR

O piollo e a pulga querían casar.
Non tiñan panciño para escomenzar.
Saíu a formiga do seu formigueiro:
– “Mandaime recado que eu son panadeiro.
¡Ai, miña vidiña, panciño xa temos!
Fáltanos carniña. ¿Onde a atoparemos? 
Ler máis »
E saíu o lobo detrás dun outeiro:
– “Mandaime recado que eu son carniceiro.
¡Ai, miña vidiña, carniña xa temos!
Fáltannos manteis. ¿Onde atoparemos?
E saíu a araña da súa arañeira:
Sígase esa voda que eu son tecedeira.
-¡Ai, miña vidiña, manteis xa temos!
Fáltanos gaiteiro. ¿Onde o atoparemos?
E saíu o grilo dende o seu buxeiro
Por iso non quede, que eu son o gaiteiro.
-¡Ai, miña vidiña, gaiteiro xa temos!
Fáltanos madriña. ¿Onde a atoparemos?
E saíu a ra da poza veciña:
Sígase esa voda que eu son a madriña.
-¡Ai, miña vidiña, madriña xa temos!
Fáltanos padriño. ¿Onde o atoparemos?
E saíu o rato do seu buraquiño:
Se prenden o gato, eu serei padriño
No medio da voda, con tanto ruído
espertou o gato e comeu o padriño.


Ningún comentario:

Publicar un comentario