CAROLA..., SEMPRE CAROLA

CAROLA..., SEMPRE CAROLA

martes, 28 de abril de 2020

LARA de 6º B cóntanos a historia de WANGARI


Lara achéganos esta bonita historia de Wangari e os seus árbores da Paz.

Ademais de escoitar a Lara, podemos ler a historia.

Como complemento a este fantástico traballo de Lara podemos xogar e aprender no LIM feito por Belén Junquera de "Wangari e as árbores da Paz", que se atopa ao final do texto.




WANGARI


Wangari vivía baixo as árbores, preto do monte Kenia en África. Polas mañás escoitaba o canto dos paxaros no bosque cando vai coa súa nai buscar leña para cociñar. Axudaba a cultivar batatas, cana de azucre e millo nun chan fértil. Alí medrou Wangari.

Gústalle moito estudar e gaña unha beca para ir a Estados Unidos.

Cando regresa ao seu fogar en Kenia despois de seis anos atopa o seu mundo cambiado. Que pasou?- pregúntase-. Onde están as árbores? Por que desapareceron?”  Ler máis »


Wangari ve que agora as mulleres da súa aldea teñen que ir encorvadas polo peso da leña que teñen que ir buscar moi, moi lonxe da súa casa. A terra xa non é fértil está arrasada e nada medra nela. E tampouco escoita o canto dos paxaros. Onde están?

Milleiros de árbores foron cortados para construír grandes edificios na cidae, pero ninguén sementou árbores novas. Wangari pensa que o seu fermoso país, Kenia, se pode converter nun deserto. E chora. E pensa

Podo sementar árbores aquí, no meu propio patio, de un en un.

Comenza con nove árboriñas.

Os pequenos brotes botan raíces e Wangari anímase a seguir sementando. Empeza a facer un sementeiro. Nun descampado Wangari sementa ringleiras de pequeñas árbores.

Logo convence ás mulleres das aldeas de que sementar árbores é unha cousa boa e necesaria.

Dálles unha árbore a cada unha.

-A nosa vida será mellor cando teñamos árbores de novo. Xa veredes. Sementemos semente de esperanza.

As mulleres de moitas aldeas únense a Wangari e por todas partes plantan longas ringleiras de árbores, que se estenden coma un cinturón verde por todo o campo.

Os funcionarios do goberno rinse delas.

-Mulleres plantando árbores. Onde se viu? Non conseguiredes nada.

As mulleres ignoran as burlas e continúan sementando. Wangari dálles unha pequeña cantidade por cada pequeño brote que tres meses despois de plantado continúa vivo. É a primeira vez que estas mulleres gañan cartos na súa vida e coidan con esmero cada brote novo levando auga dende lonxe para que as árbores poidan medrar.

O verde vai regresando á aldea de Wangari e a outras partes de Kenia. Todas as mulleres sementan longas ringleiras de árbores.

Pero a tala continúa e Wangari decide que hai que defender as vellas árbores que aínda quedan en pé. Defende a un vello carballo wque queren cortar dicindo:

-Non o fagades. Precisamos as árbores.

Como non se move Wangari é golpeada e acaba no cárcere. Alí dentro soamente pode pensar: O CORRECTO É O CORRECTO, AÍNDA QUE TE QUEDES SOA.

Pero Wangari non está soa. Por toda África se corre a voz da loita de Wangari e milleiros de mulleres continúan o seu traballo. Consiguen plantar trinta millóns de árbores onde non había ningún e pouco a pouco o verde bosque de Kenia renace.

As mulleres camiñan coas cabezas en alto. Agora teñen leña e solo fértil cerca das súas casas. A terra xa non está seca e poden volver a plantar batata, cana de azucre e millo.

O mundo enteiro oe falar das árbores de Wangari e o seu exército de mulleres sementadoras. Wangari recibe o Nobel da Paz en 2004 e dende o cume do monte Kenia volve a verse o verde que fixo renacer Kenia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario