CAROLA..., SEMPRE CAROLA

CAROLA..., SEMPRE CAROLA

martes, 28 de abril de 2020

CARLA e IRIA son quen de nos SACAR AS PENAS

Tamén de 6º B, IRIA e CARLA narran o conto de

SACAPENAS de Thomas BrowNe


Coma de costume, escoitemos con atención o conto e se queremos, podemos ir lendo no texto de abaixo.







SACAPENAS  DE ANTHONY BROWNE


Bieito sempre estaba preocupado.

Bieito preocupábase por moitas cousas…

Preocupábase polos sombreiros,

E preocupábase polos zapatos.

A Bieito preocupábanlle as nubes, Ler máis »


E a chuvia,

E os paxaros xigantes.

O seu pai trataba de axudalo.

“Non te preocupes, meu fillo. Non vai pasar nada. Todo iso son cousas da túa imaxinación”.

Tamén a nai quería axudalo.

“Non te preocupes, meu rei. Nós nunca deixaremos que te fagan daño.”

Pero Bieito seguía preocupándose.

O que máis lle preocupaba era quedr a durmir noutra casa.

Unha noite que quedara na casa da avoa, non podía durmir. Estaba demasiado preocupado. Aínda que se sentía un pouco parvo, Bieito ergueuse e foillo contar á súa avoa.

“Sabes unha cousa, neniño?”, díxolle a avoa.

“Cando eu tiña a túa idade, tamén andaba sempre preocupada. Pero agarda, teño xusto o que ti necesitas.”



A avoa entrou no seu cuarto e saíu con algo na man.

“Mira, estes bonequiños son os Sacapenas”, explicoulle. “Só tes que lle contar unha pena a cada un e metelos debaixo da almofada. Eles gardarán as túas preocupacións mentres ti dormes.”

Bieito contoulles todas as súas preocupación saos Sacapenas e durmiu coma unha pedra.

Á mañá seguinte Bieito marchou á súa casa. Aquela noite volveulles contar as súas preocupación saos Sacapenas, e durmiu coma un leirón.

Á noite seguinte Bieito durmiu moi ben, e tamén á outra.

Pero despois volvéronlle as preocupaci´ns.

Non podía deixar de pensar nos Sacapenas. Non lle parecía xusto que eles quedasen con todas as súas preocupacións!

Á mañá seguinte tivo unha idea. Pasou o día enteiro traballando na mesa da cociña.

Como era un traballo difícil cometeu unha morea de erros e tivo que volver empezar moitas veces.

Pero ao final, Bieito fixera algo moi especial….

Fixera bonecos Sacapenas para os seus Sacapenas!

Aquela noite todos durmiron ben: Bieito e os Sacapenas.

Dende aquela Bieito non volveu preocuparse por nada.

E colorín colorado este conto está rematado.

Se queres ti tamén podes construír un boneco Sacapenas. Un bico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario