CAROLA..., SEMPRE CAROLA

CAROLA..., SEMPRE CAROLA

venres, 24 de abril de 2020

6º B COMPARTE CONTOS para ESCOITAR e LER...

As nenas e nenos de 6º B non deixan de sorprendernos.

Agora toca pechar os ollos e deixarnos ir cos contos gravados por eles nas súas casas.


Se alguén quere pode acompañar a escoita coa lectura...




Imaxe de Kalandraka



O primeiro en chegar é o conto de   ROBERTO .

Trátase do conto "Rato Moi Alto e Rato Moi Baixo" do libro "Contos de ratiños" de Arnold Lobel.







RATO MOI ALTO E RATO MOI BAIXO
Había unha vez un rato moi alto e un rato moi baixo que eran grandes amigos. Cando se atopaban Rato moi alto dicía:
-Ola, Rato moi baixo!
E Rato moi baixo dicía:
-Ola Rato moi alto!
Os dous amigos ían pasear xuntos moitas veces.
Cando paseaban, Rato moi alto dicía:  Ler máis »

-Ola paxaros!
E Rato moi baixo dicía:
-Ola formigas.!
Cando pasaban por un xardín, Rato moi alto dicía:
-Ola flores!
E Rato moi baixo dicía:
-Ola raíces!
Cando paseaban por diante dunha casa, Rato moi alto dicía:
-Ola tellado!
E Rato moi baixo dicía:
-Ola soto.
Un día colleunos unha treboada.
Rato moi alto dixo:
-Ola pingas de chuvia!
E Rato moi baixo dixo:
-Ola, pozas!
Correron ata a casa para abrigarse.
-Ola teito! -dixo Rato moi alto.
-Ola chan! – dixo Rato moi baixo.
Pronto pasou a treboada. Os dous amigos foron ata a ventá.
Rato moi alto upou a Rato moi baixo para que puidese ver.
-Ola arco da vella! Dixeron os dous xuntos.
E seguiron sendo amigos toda a vida.
E colorín, colorado. Conto rematado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario