luns, 20 de xuño de 2022

DINAMIZA TV - FIGUEIROA

 Os centros de ensino da Estrada amosan os seus dotes xornalísticos nesta xeira de noticieiros programados polo Concello da Estrada e Dinamizaestrada para incentivar o uso do galego no eido audiovisual.

ESTÁN RODANDO EN 6ºB!

 STOPMOTION estáse a convertir en "vicio" no noso cole. As nenas e os nenos de 6º B crearon e ANIMARON pequenas e variadas historias que dan conta dos seus gustos e intereses.


Collede flocos de millo e desfrutade da sesión...


sábado, 18 de xuño de 2022

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O VERÁN

Xa cheira a herba seca e a salitre!!! 

 Achégase o verán... 

 Por fin teremos tempo de descansar e ata de aburrirnos, que boa falta fai. 

E do que si teremos tempo é de deixarnos arrolar por historias que lles acontecen a outras persoas e nas que podemos participar.

CHÁMASE LER!!!

As biblios PLAMBE do Concello da Estrada, as dos coles de Pérez Viondi, Cabada Vázquez, Oca, O Foxo e Figueiroa, puxéronse dacordo un ano máis a investigar para ofrecernos boas ideas de lectura para este verán.

Aquí quedan o triptico que vai chegar as todas as vosas casas:





E este será o CARTEL que compartiremos con todas as LIBRARÍAS DA ESTRADA, as nosas aliadas á hora de ler.





martes, 14 de xuño de 2022

MAMÁ QUEREO SER ZIGGY SATRDUST (Comprensión lectora e proposta de actividades)

A profe EVA de 6º B comparte con nós un recurso sobre a obra de IRIA MISA, "Mamá quero ser Ziggy Stardust". Está á nosa disposición na biblio.

Moitas grazas Eva


luns, 13 de xuño de 2022

3º de ESO???? NOOOON, 3º de primaria!!! Menudas PRESENTACIÓNS DIXITAIS!!!

 As nenas e os nenos de 3º B de primaria crearon presentacións sobre diversos temas do seu interese.

Como tiveron a ben compartilas, aquí queda unha mostra do seu traballo:

1º de primaria BUSCA e ATOPA TESOUROS pola ESTRADA

 

As nenas e nenos de 1º do CEIP de Figueiroa adicáronse a buscar pola Estrada ata dar cunha chea de tesouros que queren compartir