xoves, 30 de abril de 2020

ANTÍA, rápida como a lebre ou constante como a tartaruga?

ANTÍA presenta un clásico, a fábula

A TARTARUGA E A LEBRE

Fábula atribuída a Esopo, posteriormente reescrita por outros fabulistas como Jean de La Fontaine e Félix María Samaniego.

Disfrutemos desta historia e da súa recomendable mensaxe....




A TARTARUGA E A LEBRE

Nun fermoso bosque vivía unha tartaruga moi fachendosa que de seguido se gababa de ser o animal máis veloz do bosque. E ademais burlábase seguido da tartaruga e da súa lentitude.

Un día, a tartaruga fíxolle unha sorprendente proposta:

- Lebre, serías quen de botar unha carreira contra min. Sempre me estás acusando de torpe e de lenta... pero eu estou segura de que podo ganarche.



As gargalladas da lebre resoaron por todo o bosque:

- Serás parva tartaruga? Ademais de lenta, parva. Pero ti o propuxeches. Imos botar esa carreira e vas quedar en ridículo diante de todos.  Ler máis »




As novas sobre a carreira que se ía celebrar correron coma o lume por todo o bosque. Os animais estaban sorprendidos pero ninguén quería perderse semellante espectáculo.

Chegou o gran día e o moucho foi o encargado de sinalar a saída e a meta e tamén o de dar comezo á carreira. Era un traxecto longo e moitos ríanse dicindo que a ver se a tartaruga chegaba á meta pola noite.

E empezou a carreira:

A lebre saíu disparada deixando atrás á tartaruga envolta nunha nube de po. A lebre non teña présa por gañar porque quería mofarse da tartaruga así que se paraba cada pouco a presumir da súa inmensa velocidade diante dos demais.

A tartaruga sen importarlle a velocidade da lebre empezou a súa carreira á velocidade que podía pero sen deterse nin un momento e mantendo o ritmo constante.

A lebre farta de agardar e despois de deterse a comer unhas cenorias decidiu botar unha sesta. Tiña tempo de sobra para durmir e logo vencer á tartaruga.

A tartaruga lenta pero segura seguía coa súa carreira sen perder os ánimos.

Non se sabe canto tempo durmiu a lebre. O caso é que espertou co ruído atronador dos seguidores da tartaruga á quen tan só lle quedaban tres pasos para cruzar a liña de meta. A lebre correu tanto como puido pero xa era moi tarde e soamente puido entrar de segunda.

A lebre aprendeu cunha grande humillación que endexamais hai que burlarse de ninguén e que o exceso de confianza e a vaidade págase moitas veces e convértese nun obstáculo para acadar os nosos obxectivos.

Ninguén é mellor que os demais e a tartaruga a base de esforzo e constancia así o demostrou.

Ningún comentario:

Publicar un comentario