PROXECTO ESCORNABOT NA BIBLIO DE CAROLA
Os inicios estiveron marcados pola participación de Infantil e 6º de Primaria.
Antes de rematar o curso 2015/2016, despois de que o profesorado fixera o cursiño, chegou o primeiro Escornabot a Figueiroa. Nas clases de psicomotricidade, o noso robot traballou con varios grupos.
XUÑO - 2016
ESCORNABOT DEBUTA CON INFANTIL.
Aquí temos todo o que precisamos:
- taboleiro do escornabot
- taboleiro e botoneira do nen@-robot
Iago e Pablo reproducen os movementos que programamos para o escornabot.
OUTUBRO - 2016
MONTAXE DOS ESCORNABOTS.
MONTAXE DOS ESCORNABOTS.
As nenas e nenos de 6º de primaria traballaron moito e moi ben. Por grupos conseguiron montar os robots e crear actividades para compartir con todos e todas na bilio.
Para montalos valémonos dun material moi xeitoso que compartiron na rede o CEIP Serra Vincios e o CAFI
A partir destes documentos, e grazas a que o alumnado participou tanto na montaxe dos robots como en recoller foto e vídeo de todo o proceso, elaboramos o noso propio foto-titorial.
ESCORNABOT VISITA A AULA DE 3 ANOS.
É o primeiro achegamento a un grupo de nenos e nenas que apenas levan un mes no colexio. Ademáis de coñecer o seu nome, Escornabot sauda e ponse a disposición do grupo para pasear polo taboleiro.
5º DE INFANTIL ENREDA CON ESCORNABOT.
Ningún comentario:
Publicar un comentario