O CEIP de Figueiroa tamén participou a través da intervención de Kenia Souto co poema "Castellanos de Castilla"
Foi a ocasión elexida para presentar o novo traballo colectivo, sobre un dos poemas da nosa autora. "Negra sombra" aparece nunha nova interpretación onde participan moitos e moitas viciñas da Estrada. Aquí queda ese maravilloso traballo:
Parécenos esta unha moi boa ocasión de recordar a creación colectiva que fixemos no CEIP de Figueiroa hai uns anos.
Así imos facendo boca, agardando polos poemas que están a piques de sair neste curso dende o noso cole.
Lembremos que terán moito que ver co que se está a traballar no proxecto ESTRADA DE ESTRADAS. Máis concretamente coa temática iniciada co gallo do Día da Paz: refuxiados-emigración...
Xa queda pouco!!
Nunha das nosas semanas favoritas do curso, xa estamos dispostos a obedecer o que nos manda o noso Xeneraliño do Ulla.
Este ano os MANDADOS están moi relacionados co proxecto que estamos a traballar "Estrada de Estradas".
Todo o cole vivirá o entroido como unha de tantas e tantas feiras que hai e houbo no noso concello. Agora sabemos que temos feira na Estrada os mércores e os sábados, pero houbo feiras de moita sona!!!
preguntade, preguntade e veredes...
Pois para esta nosa feira que tamén ha de ter moita, moita sona, o Xeneraliño vai preparándonos deste xeito:
Cando se fixo unha homenaxe a Don Olimpio o grupo de 2º B colaborou lendo un anaco da obra de "Pedriño". De volta nas aulas, esa lectura veuse mellorada e enriquecida facendo ilustracións e grabando ese capítulo do conto de "Pedriño".