venres, 25 de maio de 2018
A MÚSICA NA MIÑA VIDA. As do corazón
Jenny sube por terceira vez ao escenario, esta vez acompañando a un grupiño de 1º e 2º de primaria. A actuación comeza, como non podía ser doutra forma, cun pequeno rap interpretado por Jenny.
A canción "Late mi corazón" de GIVE ME 5 poucas veces debeu ser tan, tan aplaudida!!!
Que gustiño ver idades tan distintas mesturadas e funcionando tan ben.
A MÚSICA NA MIÑA VIDA. Súper MALAS
Ainara e Sara de 5º B xunto con Noelia de 5º A de primaria, ofrecen unha nova versión de "Lo malo" de Ana e Aitana.
A MÚSICA NA MIÑA VIDA. Súper 10 de 5º A de primaria
Grupo numeroso de mozas que prepararon e amosaron unha coreografía sobre
o tema "Havana" de Camila Cabello. A gran afluencia de público segue a
ser unha marabilla!!
mércores, 16 de maio de 2018
A MÚSICA NA MIÑA VIDA. As 2 artistas.
Sonia e Adelaida, Adelaida e Sonia volven ao escenario, esta vez en
parella para facer un baile xeitoso a ritmo de "These days" de
Rudimental.
Remata así a terceira actuación do 15 de maio de 2018
Remata así a terceira actuación do 15 de maio de 2018
A MÚSICA NA MIÑA VIDA. Súper 5
Un grupiño de 5 nenas e un neno, dos cursos de 1º e 3º A ofrecen unha coreografía (ou dúas?) coa canción "1, 2, 3" de Sofía Reyes.
Quedan inauguradas as actuacións interniveis!! Isto cada vez vai a máis.
Mágoa que os días están rematando e con eles, as actuacións..., e o curso!!
A MÚSICA NA MIÑA VIDA. Estrelas de 3º B de primaria
O grupo ESTRELAS DE 3º B de primaria presentan a súa coreografía nunha mañá cargada de actuacións.
Superados os nervios do principio semella que a canción non lles durou nadiña!!!
luns, 14 de maio de 2018
A MÚSICA NA MIÑA VIDA. Jenny RAP de produción propia
Jenny volveu subir ao noso escenario para ofrecernos unha composición propia.
Ela compuxo esta canción para a súa mellor amiga. Os momentos de emoción
foron intensos, moi intensos. Pero non foi quen de deixar indiferente a
ninguén.
Parabens Jenny!!
Parabens Jenny!!
xoves, 10 de maio de 2018
A MÚSICA NA MIÑA VIDA. Superstars de 4º B
Unha nova versión de "Bajo el mismo sol" de Álvaro Soler é o que nos ofrecen este grupiño de 4º B de primaria.
Nesta ocasión volven ceder o escenario para o público e dispoñer así de máis espazo para a súa coreografía.
luns, 7 de maio de 2018
A MÚSICA NA MIÑA VIDA. Ángel de 1º C está "Bajo el mismo sol"
Ángel, de 1º C, atrévese a subir en solitario ao escenario a cantar, pero sobre todo, a bailar "Bajo el mismo sol" de Álvaro Soler.
O público, totalmente entregado.
O público, totalmente entregado.
A MÚSICA NA MIÑA VIDA. Zimbolé de 4º A
Toda a clase amósanos unha canción popular africana.
Por fin!! chegan os instrumentos ao escenario da MÚSICA NA MIÑA VIDA.
Parabens grupo!!
A MÚSICA NA MIÑA VIDA. Los vampiros
Un grupo de mozas e mozos de 3º B de primaria prepararon e amosaron unha coreografía coa música de Rihanna "Diamonds".
O resultado queda neste vídeo:
O resultado queda neste vídeo:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)