Amosando publicacións coa etiqueta EXPOSICIÓN LIBROS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EXPOSICIÓN LIBROS. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de decembro de 2021

"LÉNDOLLE AS VOLTAS AO MUNDO"

Un ano máis sabemos que chega o Nadal, porque as biblios PLAMBE de todos os coles da Estrada, xúntanse para escoller as mellores lecturas neste tempo de lecer.

Neste curso non nos cansamos de DAR VOLTAS AO MUNDO, e agora é tempo de ler esas voltas. 

Así é como os coles de 

CEIP de Pérez Viondi

CEIP do Foxo

CEIP Cabada Vázquez

CEIP de Oca

e o noso, o CEIP de Figueiroa

 acordamos ofrecervos ideas para os vosos agasallos de Reis ...




E outro ano máis quedamos sen poder facer a EXPOSICIÓN de Nadal coas nosas LIBRARÍAS LOCAIS. Agardemos a que o ano novo nos permita disfrutar a nosa biblio para facer exposicións e moitas cousas máis!!!

Pero non nos esquecemos das librarías e fixemos as recomendacións en formato cartel por se queren amosalo nos seus establecementos




venres, 13 de decembro de 2019

DECEMBRO 2019. EXPOSICIÓN DO NADAL COAS LIBRARÍAS


NA TÚA CARTA AOS REIS, UN LIBRO TAMÉN


 
No CEIP de Figueiroa, cando chega o Nadal, é tradición facer unha exposición coas seleccións de libros que fan as nosas librarías locais. Ademais de contar coa súa valoración profesional, tentamos fomentar a compra no comercio local.

 

Dende sempre a resposta das nosas libreiras e libreiros foi moi positiva, pero nos últimos anos está a ser realmente excepcional. No cole estamos abertos a todas as suxestións que nos fan chegar, posto que se trata dun traballo colectivo entre librarías e colexio. Pero, como xa hai confianza, atrevémonos a facer peticións, recomendacións que atinxen a:

  •  contar cun número importante de libros informativos. Sabemos que a literatura vai estar presente, pero o libro informativo precisa dun pulo, dunha axuda para ocupar o lugar que lle corresponde
  •  que a lingua galega sexa a maioritaria na exposición de libros, pois tamén a nosa lingua precisa de axuda
  • e como un engadido, para "darnos un capricho", pedimos fondos relacionados coa temática do proxecto que estamos a traballar. Neste curso ocupámonos dos ALIMENTOS, no proxecto denominado "COMO! como?"
  

 Para controlar o aforo da exposición, era necesario contar cunha 
"entrada", que como non podía ser doutro xeito, era un utensilio de cociña. 










Cada libraría conta cun espazo ben definido, onde amosar a súa selección. Todo o Equipo de Biblioteca, xunto co voluntariado mimou e coidou a exposición.




Voluntarios sinalandos os lugares destinados á exposición, cos mandiles que estreamos este ano.



 En cada unha destas mesas hai unha zona definida por un mantel negro, onde se expoñen os libros relacionados cos alimentos. Á vista está que non escatimaron...

Libraría PINTALETRAS

Libraría FARO

Libraría DURÁN

Libraría MARXE

Libraría LOLIMAY

 
Todas as librarías fixeron aportacións, que de seguro van espertar moitos desexos de lectura (e de xantares!). O tema do idioma é o que máis costa, pero o mercado e a oferta son os que son. Aínda así, hai quen fai pedidos a propósito.



A exposición pode visitarse, por parte do alumnado ben na hora de biblioteca que cada clase ten asignada, ben nos recreos, onde será atendido polo grupo de voluntariado da biblio. As familias e o público en xeral, poderá coñecer a exposición  dende o martes 10 de decembro ao martes 17, en horario de 16:00 a 18:00.

Dentro desta campaña de FOMENTO DA LECTURA e do CONSUMO NO COMERCIO LOCAL, é importante engadir que todos os centros educativos do concello con Bibliotecas que forman parte do PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares) editamos unha GUÍA DE RECOMENDACIÓNS DE LECTURA. Esta guía chega ás casas de nenas e nenos que van aos coles de Pérez Viondi, Oca, Codeseda, Foxo e Figueiroa . Pero a difusión é maior, xa que tamén as bibliotecas dispoñen desta guía e o concello da Estrada tamén a publica na súa Axenda Cultural.

A esxposición estivo moi concurrida:









 

mércores, 12 de decembro de 2018

NA TÚA CARTA DE REIS, UN LIBRO TAMÉN

Un ano máis, a Biblio de Carola en colaboración coas librarías da Estrada, organizamos unha EXPOSICIÓN coas recomendacións que cada unha das librarías nos fai.

Se xa estamos afeitos a que as nosas librarías respondan sempre dun xeito máis que satisfactorio, nesta ocasión cumpliron con creces as nosas expectativas. Propuxemos que, na medida do posible, atenderan a dúas cuestións moi importantes para nós:

- que o GALEGO estea moi presente nas súas propostas
- que os textos INFORMATIVOS formaran parte das recomendacións lectoras

Pois ben, en galego temos libros a eito!!

Pero ademais, a oferta de literatura que sempre está moi ben cuberta, veuse enriquecida por unha variedade tremenda de libros informativos que atenden dun xeito prioritario ao tema que nos ocupa neste curso


O MAR!!!





Este é o convite que Carola nos fai:



Se vos achegades ao noso cole, poderedes comprobar de primeira man a sorte que temos coas nosas libreiras e libreiros!!



Así luce a Biblio de Carola cando está a piques de abrir as portas da EXPOSICIÓN:










Queremos agradecer a todas e cada unha das librarías a súa participación e colaboración:








🎇🎄🎆🎄🎇🎄🎆🎄🎇 


 
 



🎇🎄🎆🎄🎇🎄🎆🎄🎇 








🎇🎄🎆🎄🎇🎄🎆🎄🎇 







 



 


🎇🎄🎆🎄🎇🎄🎆🎄🎇 



 


🎇🎄🎆🎄🎇🎄🎆🎄🎇 






xoves, 21 de decembro de 2017

EXPOSICIÓN DE LIBROS NA BIBLIO DE CAROLA

Despois de varios anos, retomamos un costume que sempre foi moi ben acollido no noso cole:

A EXPOSICIÓN DE NOVIDADES LECTORAS APORTADAS POLAS LIBRARÍAS DA ESTRADA.

Queremos agradecer unha e mil veces o mimo e a atención que nos prestan as nosas librarías viciñas:

ALBERTE QUIÑOI

DURÁN

FARO

LOLIMAY

MARXE

Grazas á sua colaboración puidemos disfrutar de momentos coma estes: