martes, 28 de maio de 2024

AXENTES ANTILIXO!!!

Moito tempos que agradecer a este equipazo de traballo. As nenas e nenos de 3º de primaria fixeron moitas cousiñas boas por nós.


Pero ollo!! o ideal sería que quedaran sen traballo. 


Así que agora que xa sabemos como ten que estar o PATIO e as INSTALACIÓNS do cole, de nós depende que se manteña.

  
  


Moitas grazas, compañeiras!!


QUEREN SABER: Que tipo de olimpíadas hai? en 6º B de Infantil

 

martes, 21 de maio de 2024

LETRAS GALEGAS 2024

As nenas e nenos de 4º B de primaria do CEIP de Figueiroa non deixan de sorprender... agora un RAP! E nada menos que adicado á homenaxeada neste ano 2024 das Letras Galegas: LUÍSA VILLALTA.



CORRELINGUA 2024

Un ano máis, temos moito que celebrar no CORRELINGUA. E, sobre todo, moito que reivindicar.

As persoas que convivimos no CEIP de Figueiroa, acudimos a esta carreira pola defensa do noso idioma. Só quedou no cole o alumnado e profesorado de Infantil e algunha que outra clase con citas previas e ineludibles.

A continuación, a modo de representación, nenas e nenos de 3º de primaria, participan no Correlingua deste ano.






luns, 20 de maio de 2024

Spanish Medals

Finally, we all could get into contact to Spanish athlets with Olympic Medals, and there are a lot!!!





 

sábado, 11 de maio de 2024

PAOLA GUIMERÁNS NO NOSO COLE!!

 SOMOS SORTUD@S!!



Paola Guimeráns visitou o noso cole para aprendernos sobre a programación. As clases afortunadas foron as de 4º de primaria.

Aprenderon a programar con Scrath no obradoiro que tivo lugar en cada clase.



Paola Guimeráns na clase de 4º A de primaria

Máxima concentración


Éxito!!! que contentos"

A consecuencia máis inmediata é que agora os ordenadores da biblio non están parados. Todos queren abrir Scratch, tanto os de 4º que "XA SABEN" como o resto que os ve e... que fantasticamente marabillosa é a envexa.