Amosando publicacións coa etiqueta LECTURA DIXITAL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LECTURA DIXITAL. Amosar todas as publicacións

xoves, 11 de xuño de 2020

MOITAS BIBLIOTECAS NA BIBLIO DE CAROLA

Carola achéganos unha escolla de BIBLIOTECAS VIRTUAIS, para que poidamos disfrutar do pracer da lectura.

Son moitas as posibilidades, en diversos idiomas. Podedes atopalas na columna da esquerda deste blog.

Aquí deixamos o mesmo listado. Debaixo de cada logo está a ligazón a cada biblioteca. Se non queredes saír do blog, premede na ligazón co BOTÓN DEREITO do rato e ABRIR NUNHA NOVA VENTÁ.



BIBLIOTECAS VIRTUAIS



A NOSA plataforma!! 
da que todas e todos formamos parte.



Galicia LE.
Da Rede de Biblitoecas Públicas de Galicia



Biblioteca Virtual Galega
Iniciativa da Universidade da Coruña



GALICIANA. Biblioteca Dixital de GaliciaImpulsada pola Dirección Xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia
e xestionada pola Biblioteca de Galicia.



Galicia Dixital


BNEscolar.
Biblioteca Nacional de España


Ciberoteca ESCOLAR.
Fundación Bancaja


CIBEROTECA.
Fundación Bancaja




Biblioteca Digital Hispánica



Proxecto Gutenberg
A biblioteca dixital máis antiga do mundo. Máis de 49.000 libros libres


Ciudad SEVA.
6000 contos clásicos. 9000 poemas clásicos. Minicontos, teatro, consellos...



martes, 5 de maio de 2020

PROXECTO ELBE de lectura dixital.


A Biblio de Carola participa no proxecto ELBE de lectura dixital
Trátase dunha plataforma que recolle na actualidade case 1500 volumes, de todo tipo revistas, ficción, narrativa, histórico, audiolibro...  para todas as idades.

Para rexistrarse hai que entrar  na web: http://bega-elbe2.edu.xunta.es/opac/?locale=gl#indice  e introducir os datos no apartado “Conta” ou "Mi cuenta". 
Este enlace está sempre visible na columna dereita deste blog. 

Cada neno e nena recibirá por parte da súa titora, o USUARIO e CONTRASINAL para o rexistro. O contrasinal poderás cambialo, se queres despois de rexistrarte. Pero se o fas, lembra ben o que escolliches!

Presta atención á información que está na imaxe, así saberás como escoller lecturas, e sobre todo, como usar correctamente a plataforma.




Imaxes moi valiosas do díptico elaborado polo Equipo de Biblioteca do CEIP Víctor Sáenz de San Cosme de Antes (Mazaricos)






 Moitas sorte nesta nova viaxe lectora!!