luns, 29 de xuño de 2015

GUÍA DE LECTURA DO VERÁN

Coma estes últimos anos aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras feitas en colaboración cos centros de Oca, do Foxo e de Codeseda. Non esquezades ler. Un bico moi grande de Carola

A MAXIA DAS COUSAS

Un dos contos escollidos polos alumnos e alumnas de 4º que viaxaron ata a India é o que podedes ler a continuación.

A ORIXE DA MANDIOCA

Os nenos e nenas de 3ºA escribiron e ilustraron un conto tradicional brasileiro que nos conta a orixe dunha das plantas do país. Podedes lelo aquí.

CADERNOS VIAXEIROS DE PRIMEIRO

Este ano a mochila viaxeira chegou a primeiro cun caderno viaxeiro no que os nenos e nenas podían traer escrito algo que quixesen: poemas, cantigas, chistes, receitas.................. e CANTO ESCRIBIRON!