Alumnado das clases de 4º de primaria aproveitan o bo tempo para achegarse ao patio e ler á sombra dos castiñeiros, ou a pleno sol sentado na herba. Transmiten boas sensacións, parece que lles presta e dan un chisquiño de envexa moi sana.
Alumnado das clases de 4º de primaria aproveitan o bo tempo para achegarse ao patio e ler á sombra dos castiñeiros, ou a pleno sol sentado na herba. Transmiten boas sensacións, parece que lles presta e dan un chisquiño de envexa moi sana.
Nenas e nenos de 4º A de primaria foron ata as clases de Infantil para contarlle os contos que estiveron preparando, con motivo da celebración do MES DO LIBRO.
Para que vexades que atención prestaba o público de 4º A de Infantil, deixamos estas imaxes do evento
As calses de 3º prepararon poesía e cancións que ofreceron a nenas e nenos doutros cursos.
Foi na Biblioteca e foron quen de acadar un clima pacífico e moi, moi alegre.
Outra novidade do traballo do voluntariado neste curso 24/25 son as LECTURAS COMPARTIDAS.
Pero como son tantas as novidades do voluntariado e os espazos son os que son, cando coinciden varias actividades hai que buscar solucións.
Por esa razón esta semana Alexia, voluntaria de 5º B de primaria, foi ata o patio de Infantil para compartir un conto coas nenas e nenos.
O que parecía unha adversidade, ter o Salón ocupado polo TORNEO DE BAILE, fixo que descubríramos o patio como un lugar fantástico para ler, e ao alumnado de Infantil co,o un público moi entregado.
![]() |
| Semellan unha burbulla no gran patio de Infantil |
![]() |
| Alexia, na compaña de Xiomara entregouse co seu conto |
![]() |
| Libremente, estas nenas e nenos escolleron deixar de xogar para escoitar a Alexia. |
Crónica de Alma González, alumna de 5º B de primaria.
Na aula de 4º B de Infantil, coa axuda das nenas e nenos de 5º B de primaria, fixéronse unhas preciosas chaves dos soños.
Primeiro, cunhas chaves normais, as pintaron eles sós.
Despois coa axuda dos de 5º, recortáronnas e botáronlle pegamento.
E por último, o paso máis importante, os polvos das fadas, que Nerea e Goretti recolleron a noite anterior. Había de dúas cores máxicas: o rosa e o verde.
QUEDARON PRECIOSAS!!
Nunha data tan terrorífica como a de hoxe, as nenas e os nenos de 5º B de primaria visitan as clases de Infantil para meterlle medo con contos e poemas QUE ELAS E ELES FIXERON!!!
Aquí queda unha mostra...



