As familias encheron de espírito turístico tenebroso o xardín do noso cole.
É complicado describir o que está a acontecer estes días. É un goteo constante de elementos creados con moito mimo para meternos o medo no corpo. Así está xurdindo o
As familias encheron de espírito turístico tenebroso o xardín do noso cole.
É complicado describir o que está a acontecer estes días. É un goteo constante de elementos creados con moito mimo para meternos o medo no corpo. Así está xurdindo o
Este ano o xardín do cole vaise convertir nun COMPLEXO TURÍSTICO TERRORÍF.ECO.
Queredes saber como se vai facer:
Unha historia ben fermosa presentan as nenas e nenos de 3º C de primaria para explicar como naceu a agricultura e dar así resposta coa súa investigación a QUEREN SABER de Carola e Lingüereta
Parece maxia pero é certo!!!
Con só 3 anos, as nenas e nenos de 4º A de Infantil investigan
Que relación hai entre a lúa e a agricultura?
e agasállannos con este marabilloso conto ilustrado como resposta. Carola e Lingüereta poden estar ben contentas, sempre QUEREN SABER e desta volta non debe haber queixa.
Os nenos e nenas de 5º de EI A responde á pregunta de Carola e Lingüereta QUEREN SABER... Que son produtos "do país"? creando o seguinte vídeo:
Os nenos e nenas de 5º EP A responden á pregunta de Carola e Lingüereta QUEREN SABER... Que danos ambientais xera a agricultura? creando un bonito storybook.
O alumnado de 5º de educación infantil B responde á pregunta de Carola e Lingüereta QUEREN SABER... sobre a muller no agro galego por medio deste fermoso vídeo:
TRÍPTICO que se entrega impreso a todo o alumnado do cole para compartir coas familias:
Os nenos e nenas de segundo A responderon á pregunta de Carola e Lingüereta QUEREN SABER... Cal é o prezo ambiental de comer froita todo o ano? creando dous storybooks e un podcast que reflicten os resultados da súa investigación.
As nenas e nenos de 6º de infantil recibiron a Xabier Domínguez na Biblio de Carola.
Polas imaxes que nos chegaron deberon de pasar moi ben.
Este ano, a formación de biblitoeca creativa vai encamiñada ao voluntariado do proximo curso.
A Escola de Temp oLIbre ANACOS, da Estrada está a traballar co alumnado de 5º e 6º comopotenciais integrantes do voluntariado para ocurso 26/27.
Ata o noso cole se desprazou Chío para traballar unha sesión con cada clase de 4º e 5º. En totoal foi unha maña do mércores adicada aos valores e os roles que xogan as persoas voluntarias. Agardamos polo mércores da próxima semana para ver rematado este obradoiro, sabendo que o máis importante está por chegar co mes de setembro e o inicio dun novo grupo de voluntariado.
Aquí quedan imaxes dunha intensa mañá
Os nenos e nenas de terceiro C responderon á pregunta de Carola e Lingüereta, Como naceu a agricultura?, creando un storybook moi chulo.
Os nenos e nenas de primeiro C responderon a súa pregunta de "Carola e Lingüereta QUEREN SABER", Agricultura intensiva: que é, consecuencias e presenza en Galiza, creando este bonito storybook ao que eles mesmos deron voz e cor.
Pinchade na imaxe para desfrutalo!
Conmemoramos o “Mes das Letras Galegas” realizando un roteiro internivel arredor da figura de Begoña Caamaño. Para isto, creamos cinco estacións de xogo distribuidas nos diferentes recunchos do noso Espazo CreaTIvo; estacións que foron xestionadas polo alumnado de 6º de EP.
Quince equipos tiveron que superar os diferentes retos para conseguir selar o seu pasaporte e obter unha peza dun quebracabezas da homenaxeada que, ao remate, quedou exposto nun mural na entrada ao noso centro.
Este ano a formación destinada ao futuro voluntariado da Biblio de Carola, o alumnado de 4º, correu a cargo de Anacos Educativos.
As nenas e nenos de 1º B fixeron unha adaptación do libro "Rata Linda en Compostela" de Bernardino Graña.
Botaron man da IA e deberon ser moi coidadosos, moi concisos e moi atinados coas ordes que lle deron a Gemini, porque fixo unhas ilustración ben xeitosiñas.
E aínda por riba, puxeron as súa voz e imaxe para que non perdamos detalle do conto.
Moi bo traballo. Parabéns!!!
Wangari Maathai pasou pola clase de 1º B e todas as nenas e nenos puideron coñecela e saber máis de todo o que fixo "a muller árbore" pola súa terra, por África e polo planeta Terra.
Seica tamén pasou Wassily Kandinski pola mesma clase e debeu coincidir con Wangari, porque moito lle prestan a ela os deseños del.
As nenas e nenos de 1º de primaria tiveron a sorte de recibir un contacontos, agasallo de Editorial Anaya.
30 de xaneiro - DÍA DA PAZ
DÚAS TERRAS, UNHA MESMA ESPERANZA
As árbores en Kenia e Palestina
11 de febreiro
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Wangari Mathaai,
bióloga, ecoloxista e feminista
21 de marzo
DÍA DA ÁRBORE
Perigo! Especies invasoras no noso monte.