Amosando publicacións coa etiqueta guía de lecturas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta guía de lecturas. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de xuño de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN

 Os coles que temos biblios PLAMBE da Estrada, elaboramos as recomendacións lectoras para este verán.

Para poder compartir esa información no noso cole démoslle a forma acorde ao noso PDI "Escola de baile", e sobre todo, contamos coa colaboración de Castelao e Rosalía, bailaríns que presidían  a entrada do cole.

Este foi o resultado do TRÍPTICO que enviamos ás familias:





E volvemos facer as recomendacións en formato cartel para repartir entre as LIBRARÍAS LOCAIS e animar así a consumir no pobo.





venres, 20 de decembro de 2024

Recomendacións lectoras no Nadal 2024

 Unha vez máis as biblios PLAMBE dos coles de infantil e primaria da Estrada 

      • CEIP Cabada Vázquez
      • CEIP de Figueiroa
      • CEIP do Foxo
      • CEIP Pérez Viondi
      • CEIP Villar Paramá

xuntámonos para facer as nosas recomendacións lectoras para ter posibilidades de escolla de lecturas no Nadal. Coma sempre son lecturas EN GALEGO.

Propoñemos as nosas librarías locais se queremos telos para sempre, pero tamén se poden ler nas biblios virtuais como E-LBE.2, proxecto de lectura dixital do que forma parte o CEIP de Figueiroa ou GaliciaLe. Ademais a Biblio de Carola poñerá en servizo de préstamo todos os libros recomendados.

Os documentos elaborados polo noso cole, como non podía ser doutro xeito, están ambientados na temática do PDI deste curso: ESCOLA DE BAILE. 

Cartel feito para ser distribuído nas librarías locais








FELICES LECTURAS E FELICES FESTAS!!

luns, 17 de xuño de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Despois de todo un curso celebrando "FIGUEIROLIMPÍADAS", aquí quedan as recomendacións lectoras para o verán dos Xogos Olímpicos de París.


CITIUS, ALTIUS, FORTIUS!!





E como ven sendo costume, creamos o CARTEL  que repartiremos nas nosas LIBRARÍAS locais



FELIZ
VERÁN
OLÍMPICO!!!!



martes, 19 de decembro de 2023

Para este Nadal na Estrada RECOMÉNDASE LER....

Aquí chegan as recomendacións que fan as bibliotecas PLAMBE de primaria do Concello da Estrada.



Nas LIBRARÍAS LOCAIS repartiremos estes carteis para chegar a moita xente coa nosa mensaxe de ler e de mercar o que lemos na Estrada




Ata as nosas casas chegará estes tríptico:










mércores, 21 de xuño de 2023

As biblios PLAMBE da Estrada recomendamos lecturas para o verán

 Novamente as bibliotecas dos centros:

- CEIP Cabada Vázquez

- CEIP do Foxo

- CEIP de Figueiroa

- CEIP de Oca

- CEIP Pérez Viondi

acordamos facer unha recomendación  conxunta de lecturas para o verán.

Froito da nosa investigación e escolla, os libros recomendados por idades son:






E como de costume, na Biblio de Carola "vestimos" esas recomendacións coa temática traballada no PDI. Como neste curso nos adicamos ao cine, pensamos que rendir homenaxe ao cinema galego de animación era un bo pretexto para vestir este tríptico.

Non queremos esquecernos de recordar que non hai mellor sitio para mercar estas recomendacións que nas nosas librarías locais. Para elas foi creada a versión CARTEL das recomendacións.



FELIZ VERÁN!!!!



xoves, 15 de decembro de 2022

No Nadal, na túa carta aos Reis, un libro tamén!!

 Un ano máis achegamos as RECOMENDACIÓNS LECTORAS que escolleron as bibliotecas PLAMBE dos CEIPs do concello da Estrada.

Dende Codeseda, Vea, Foxo e A Estrada, presentamos unha escolla de libros para diferentes idades.

Aparecen, como non podía ser doutro xeito, cun formato cinematográfico que da boa conta do PDI que estamos a traballar no cole neste curso.




Aquí queda tamén o CARTEL que se vai enviar ás librarías do noso pobo, que é onde agardamos sexan adquiridos os libros recomendados.




sábado, 18 de xuño de 2022

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O VERÁN

Xa cheira a herba seca e a salitre!!! 

 Achégase o verán... 

 Por fin teremos tempo de descansar e ata de aburrirnos, que boa falta fai. 

E do que si teremos tempo é de deixarnos arrolar por historias que lles acontecen a outras persoas e nas que podemos participar.

CHÁMASE LER!!!

As biblios PLAMBE do Concello da Estrada, as dos coles de Pérez Viondi, Cabada Vázquez, Oca, O Foxo e Figueiroa, puxéronse dacordo un ano máis a investigar para ofrecernos boas ideas de lectura para este verán.

Aquí quedan o triptico que vai chegar as todas as vosas casas:





E este será o CARTEL que compartiremos con todas as LIBRARÍAS DA ESTRADA, as nosas aliadas á hora de ler.





mércores, 15 de decembro de 2021

CLUB DE LECTURA? NOOOON!!! CLUBS DE LECTURA

A Biblio de Carola recunca nos Clubs de Lectura. 

Por fin!! despois de tanto tempo, volve haber no cole 

non 1

nin 2

senón  3 CLUBS DE LECTURA!!!


Son as nenas e nenos de 6º, e como son tantas as persoas interesadas, houbo que organizarse en 3 grupos, 2 clubs de 6º B e 1 club de 6º A. 

Para que coñezamos moito sobre estes clubs, crearon o BLOG "A maxia de ler". O nome foi o acordo ao que chegaron na súa primeira reunión. Se prememos na imaxe da súa portada chegaremos ao seu blog
 

martes, 14 de decembro de 2021

"LÉNDOLLE AS VOLTAS AO MUNDO"

Un ano máis sabemos que chega o Nadal, porque as biblios PLAMBE de todos os coles da Estrada, xúntanse para escoller as mellores lecturas neste tempo de lecer.

Neste curso non nos cansamos de DAR VOLTAS AO MUNDO, e agora é tempo de ler esas voltas. 

Así é como os coles de 

CEIP de Pérez Viondi

CEIP do Foxo

CEIP Cabada Vázquez

CEIP de Oca

e o noso, o CEIP de Figueiroa

 acordamos ofrecervos ideas para os vosos agasallos de Reis ...




E outro ano máis quedamos sen poder facer a EXPOSICIÓN de Nadal coas nosas LIBRARÍAS LOCAIS. Agardemos a que o ano novo nos permita disfrutar a nosa biblio para facer exposicións e moitas cousas máis!!!

Pero non nos esquecemos das librarías e fixemos as recomendacións en formato cartel por se queren amosalo nos seus establecementos




mércores, 9 de xuño de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

 Chega o tempo das vacacións, xa ule a caloriño e salitre...

E un ano máis as bibliotecas PLAMBE do concello da Estrada puxémonos dacordo para facervos chegar propostas de lectura para todas as idades...

Este que aparece aquí debaixo é o cartel que recolle todas as recomendacións feitas polas bibliotecas, así como as fantásticas librarías da nosa vila, onde poderedes mercalos.


Para axexar máis polo miudo, tamén contamos co tríptico que nos ofrece máis información



luns, 21 de decembro de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2020

 Outro ano máis chega o triptico das recomendacións lectoras que fan os 5 centros PLAMBE da Estrada. Son:

- CEIP Cabada Vázquez de Codeseda

- CEIP do Foxo

- CEIP Pérez Viondi

- CEIP Plurilingüe de Oca

e... o noso, o CEIP de Figueiroa





Este ano tamén queremos recordar moi especialmente ás nosas LIBRARÍAS, porque que mellor sitio para mercar os libros recomendados que as librarías dos nosos viciños?? E sobre todo, este ano que non puidemos realizar esa actividade tan chula como era a EXPOSICIÓN DE LIBROS NO NADAL.






sábado, 23 de maio de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Os 5 centros PLAMBE da Estrada, recomendamos as seguintes lecturas, nas que hai novidades, pero tamén algún clásico.

Agardamos sexan ben recibidas..

luns, 23 de decembro de 2019

luns, 17 de xuño de 2019

NO VERÁN, MERGÚLLATE NOS CONTOS!!

Xa están aí as vacacións, e para non perder o rumbo, todas as biblios dos centros PLAMBE da Estrada pensamos e pensamos para que poidades desfrutar o máximo posible do voso tempo de lecer.

E para iso, aquí quedan as escollas que fixemos de libros. Aínda que se presentan por nivel lector, xa todos sabemos que non idade para ler, e calquera das opcións de seguro que nos farán pasar moi bos momentos.


Na Biblio de Carola poderemos atopar eses libros a partir de setembro!!



mércores, 13 de marzo de 2019

Neste Nadal, ENRÓLATE NOS LIBROS

Como xa é tradición, chega o Nadal e contamos cunha nova escolla de libros que recomendan as bibliotecas dos CEIPs da Estrada que forman parte do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares).



xoves, 21 de decembro de 2017

Neste Nadal, marca o ritmo do teu lecer LENDO!!!




Aquí quedan as recomendacións lectoras que facemos todas as bibliotecas PLAMBE do concello da Estrada.






luns, 9 de xaneiro de 2017

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Cun pouquiño de retraso, deixamos tamén neste blog as nosas RECOMENDACIÓNS LECTORAS. Este é un traballo feito en colaboración con outros centros da Estrada: o cole do Foxo, o cole de Vea, o cole de codeseda e o noso, o de figueiroa.

Xa sabemos que lle prestastes moita atención a estas recomendacións que levastes en papel, pero por se acaso se perdera ou queredes conservala para sempre, AQUÍ NOS QUEDA TAMÉN:



xoves, 23 de xuño de 2011

GUÍA DE LECTURAS 2011-12

GUIA LECTURA 2011-12